María Sampedro presidiu a xornada do 25N en Ribeira xunto con escolares e colectivos sociais

25 Novembro 2025

Ribeira conmemorou o Día Internacional contra a Violencia de Xénero neste 25 de novembro cun acto institucional. A alcaldesa, María Sampedro, convidou á veciñanza asistente a reflexionar sobre esta eiva social, pois “as frases construídas nas aulas, os nomes das vítimas, o manifesto deixan claro que a violencia machista non é unha realidade distante nin excepcional, senón unha ferida que segue aberta na nosa sociedade. As mulleres que lembramos hoxe non son cifras: son vidas truncadas, proxectos interrompidos, familias devastadas. E detrás de cada caso hai sinais, hai desigualdades, hai silencios que non podemos permitirnos volver repetir”, dixo.

A rexedora ratificou o compromiso da Administración local, polo que “Ribeira vai seguir traballando, con todos os medios ao seu alcance, para protexer, acompañar e garantir os dereitos das mulleres. Desde a educación ata a prevención, desde a atención ás vítimas ata o reforzo dos recursos especializados, seguiremos avanzando para que ningún acto de violencia quede invisibilizado e para que ningunha muller se sinta soa. En Ribeira non hai espazo para a violencia contra as mulleres. Temos moito por facer, si; pero temos tamén a forza, a vontade e a responsabilidade de facelo xuntos”, remarcou a mandataria local.

Tamén se pronunciou a concelleira da Igualdade, Ana Barreiro, quen indicou que neste ano se puxo o foco na educación como base cara a
consecución da igualdade. “Estamos aquí representadas institucións, centros educativos, entidades sociais, asociacións e veciñanza. Todas estas pezas xuntas forman unha mensaxe moi clara: en Ribeira non hai lugar para a violencia de xénero, e imos seguir traballando para construír relacións máis xustas, máis igualitarias e máis libres”, remarcou a edil.

Construción da igualdade cunha base sólida

Alumnado de 1o da ESO dos institutos do municipio escenificaron a construción dun muro que asenta a solidez da igualdade no contexto
actual con lemas sobre apoderamento feminino. Tamén nomearon ás 38 vítimas de violencia de xénero neste 2025 en toda España. Deseguido, o público congregado na praza do Concello gardou un minuto de silencio.

Tamén houbo lectura participativa do manifesto da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e plantación dunha oliveira na praza do Centenario en lembranza das mulleres asasinadas.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.