O fallo do caso do fiscal xeral do Estado dado a coñecer polo Tribunal Supremo, que condena penalmente a Álvaro García Ortiz, emana dos argumentos de cinco maxistrados que asinarán unha resolución ou sentenza que, aínda por coñecer, o deputado e secretario xeral do Partido Popular, Miguel Tellado, interpreta de tal xeito que se permite a ousadía de dicir que “temos un fiscal xeral que é un delincuente”.
Baséase Miguel Tellado nunha condea que non é oficial, que non está emitida e que, sen embargo, non é obstáculo para que o secretario xeral do PP se reafirme, nunha entrevista concedida a TVE, en que “Temos un fiscal xeral que é un delincuente”.
Se, como moi ben podería entenderse, a decisión xudicial do caso parte dun bulo -recurso do responsable de Prensa da Comunidade de Madrid, cuxas canas disque lle outorgan a capacidade de adiviñar acontecementos- canto de realidade/legalidade ten ese dato dado feito público na tarde-noite do pasado xoves?.
Máis bulos?. Alguén adiantou a decisión dun xurado na percura de beneficio para terceiros?. O alto tribunal só fixo público o sentido do seu fallo. Queda por coñecer a sentenza, malia o que García Ortiz deberá levar o peso do que o alto tribunal teña para castigo a un delicto de revelación de datos reservados sen antes clarexar os argumentos nos que se basea, sen dar a coñecer a valoración que fan das declaracións dos xornalistas e, sobre todo, sen dar testemuño irrefutábel de que o fiscal xefe é o autor da filtración do correo.



