Costas Kadis confirma a Besteiro o levantamento das restricións ao palangre en 2026

13 Novembro 2025

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, iniciou este 13 de novembro a última xornada da súa visita a Bruxelas cun encontro co comisario europeo de Pesca e Océanos, Costas Kadis, que cualificou de “extraordinariamente positivo”.

Tal e como explicou despois o líder socialista, no transcurso da reunión, Kadis avanzoulle que o palangre “sairá fóra da lista de artes prohibidas” en 87 zonas do Atlántico cualificadas como ecosistemas mariños vulnerábeis. O motivo é que a Comisión dispón de “novos datos científicos que avalan o que viña defendendo o Goberno de España: o palangre non dana os fondos mariños”.

Kadis detallou que eses estudos deben ser certificados agora polo Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES), que asesora á Comisión en materia de pesca, e todo apunta a que vai confirmar os resultados nun prazo de tempo non moi longo. “Polo tanto, a impresión é que en se 2026 podería retomar unha actividade pesqueira tan importante para Galicia”, dixo Besteiro.

O portavoz do Grupo Socialista no Parlamento galego tamén lle trasladou ao responsable europeo a situación “preocupante” do marisqueo e os efectos das importacións de produtos do mar desde terceiros países, “no plano da rastrexabilidade, dos problemas de competitividade que xera e do impacto no mercado”. A iso uniu a demanda de que Europa teña en conta ao sector pesqueiro en relación ao desenvolvemento de proxectos de xeración enerxética no litoral. Para o líder do PSdeG, “ten que haber unha convivencia e unha satisfacción dos intereses das comunidades que se dedican á pesca”, para que a instalación de dispositivos mariños de renovables non as prexudique.

En canto ao Marco Financeiro Plurianual 2028-2034, que se está a discutir neste momento, José Ramón Gómez Besteiro reclamou que o orzamento destinado ao sector non se reduza, “tal como contemplaba a Comisión”. Ao contrario, insistiu non só na necesidade de reforzalo, senón de que “ademais se inclúa un fondo específico para a pesca”.

Besteiro lembrou que Galicia “representa a metade da pesca en España e, por tanto, unha parte importantísima da Unión Europea”, polo que defendeu que a comunidade “non pode perder peso” no poder de decisión sobre eses fondos. Mostrou a súa oposición á “recentralización” que propón a Comisión, que sería “un erro”, e avogou por “darlles protagonismo ás comunidades autónomas” dentro dun dos principios que inspiraron a UE, “a participación activa das rexións na toma de decisións”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.