Comezan en Ribeira os preparativos para equipar novamente o porto cunha pista de xeo

18 Novembro 2025

Comezaron en Santa Uxía os preparativos para contar novamente, nesta tempada de Nadal, cunha pista de xeo na explanada do porto, impulsada pola Asociación de Empresarios de Ribeira co obxectivo de mellorar a oferta de lecer para veciños e visitantes ao mesmo se tempo que se dinamizan as visitas e as compras aos establecementos locais. A patronal comunicou que “tras obter todos os permisos necesarios, xa comezamos cos preparativos da pista de xeo no Malecón; iremos informando sobre como vai avanzando a montaxe, e temos previsto abrir as súas portas o próximo 28 de novembro”.

Segundo confirmaron, “será un espazo de diversión para todas as idades durante a tempada do Nadal e, un ano máis, converterase nun punto de encontro para veciños e visitantes, apoiando o comercio local”.

Esta campaña está co-financiada pola Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Ribeira.

A un nivel máis amplo, a pista de xeo ten o obxectivo de completar e enriquecer a oferta do Barbanza durante as festas de Nadal e fortalecer, a maiores, a dinamización comercial durante estas celebracións.

O ano pasado, dada a boa acollida que tivo a pista entre a veciñanza do concello e da comarca, decidiuse ampliar a duración da mesma ata o 19 de xaneiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.