Non se sabe. Ninguén sabe canto custa un libro. Depende! O seu valor tamén depende. Non é só o
que aparece na ficha da libraría. É moito máis e, algunhas veces, moito menos. O valor do libro está
na súa capacidade de transformar, modelar e clarexar o pensamento do seu lector. Os libros son
transmisores de saberes, son un instrumento esencial para a formación, para a capacitación, para o
exercicio da reflexión, para coñecer o mundo e andar por el, con confianza e seguridade.
Din que a lectura axuda a manter o equilibrio mental, que alenta á confianza nun mesmo e nos
outros, que acariña a alma de quen escribe e de quen le, pasando as páxinas amodo, unha a unha,
repasando e volvendo atrás as veces que sexa necesario. Volver atrás, reler e seguir ata acabar, un
libro e despois outro.
O valor de cada libro está en cada unha das palabras escritas e lidas, no que di e no que a persoa
lectora entende que di. Cada quen ao seu xeito, pero sen parar de ler nunca, dándolle azos a
fantasía, na procura de boa compaña. Vostede sábeo ben, quen ten un libro ou un xornal diante dos
ollos, ten o mundo enteiro ao seu carón. Este escribidor quere darlle as grazas polo encontro
semanal e dicirlle que, se non fosen os lectores e as lectoras, as historias da Tía Manuela quedarían
na escuridade total, formarían parte da nada.
Non se sabe canto custa un libro nin se sabe canto vale un xornal, despois do seu prezo marcado na
contraportada ou na portada mesma. Ao falar disto, vén á memoria a Enciclopedia Álvarez, aquel
libro que valía un ollo da cara para os escolares dos primeiros anos da segunda metade do século
pasado. Foi tal a súa importancia que, entre 1952 e 1970, segundo contan as crónicas, imprimíronse
máis de trinta millóns de exemplares.
Aí está, segundo o prezo do papel, o custo da tinta, da man de obra, do deseño, da encadernación e
distribución, calquera pode facer o orzamento para a tirada dun determinado número de
exemplares dun libro. Pero, cal é o prezo ou o valor da importancia que ten a incidencia dun texto
nos seus lectores? Canto custan aquelas lecturas que impiden desviarse das certezas?
E canto perderá aquela sociedade rica, integrada por unha cidadanía acomodada, cando a súa
mocidade deixe de ler? Canto?
“José María Fonseca Moretón, el vino como bandera y Galicia en el corazón”. Javier García Sánchez
Los caldos gallegos alcanzaron en él la máximadimensión mundial llegando a mercadosinsospechados. Solo a un genio como él se le pudo ocurrirconvocar un concurso de cartelismo para dar aconocer el caldo que contienen las botellas deTerras Gauda. De este modo evocaba a...



