“A maior crise alimentaria global en décadas”. Antón Luaces

08 Novembro 2025

Segundo unha información facilitada pola organización internacional Save the Children, 275 millóns de nenas e nenos sofren fame no mundo, 45 millóns padecen desnutrición, e  máis dun millón morren cada ano por causas relacionadas con ela. Porén a preocupación vai a máis, pero non abonda. E non abonda porque non somos ou non queremos ser conscientes do que significan esas cifras e o escaso valor que teñen esas vidas para a sociedade mundial do noso tempo: a riqueza está sumamente mal repartida: sirva como exemplo que dúas das familias máis ricas de España son galegas.

Sumemos a este feito o produto de actividades ue inciden negativamente no desenvolvemento da nosa sociedade: o prezo que estamos a pagar polas emisións contamiñantes, as enormes montañas de roupa da que prescindimos e que contamiñan outras zonas do planeta, os millóns de lavadoiras que verten microplásticos aos océanos, os millóns de traballadoras en condicións de semiescravitude. Todo repercute nesta sociedade que nos estamos a dar e semella que non estamos dispostos a renunciar a nada do que temos acadado en poucas veces para ben, mesmo sabendo que outro modelo de vida é posible.

En España, ao igual que na práctica totalidade de países, o Goberno ten a oportunidade de poñer remate ao impacto ambiental e social mediante a aplicación de leis que regulen determjnadas actividades que sobradamente sabemos prexudican á sociedade; máis non se deciden a regular asisadamente para lograr obxectivos de produción sostible e non contamiñante. Xa non somos quen de producir sen contaminar. Onde están aqueles cidadáns que deixaron de comprar bolsas de plástico coa idea de reducir ou evitar a contaminación?. Só se deu un paso avante para que o comercio gañase 15 céntimos de euro máis por cada bolsa adquirida. E estas bolsas volven campar ao seu aire: perdemos unha outra oportunidade de reducir a contaminación. 

E a vida segue (non para mellor).

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.