A Audiencia da Coruña absolve a un acusado dun intento de homicidio en Ribeira

28 Novembro 2025

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña absolve ao acusado de tentar matar a un home no interior dun edificio de Ribeira en abril de 2022. O tribunal entende probado que a vítima recibiu “un forte golpe na cabeza cun obxecto contundente” e que as lesións que sufriu “eran potencialmente susceptíbeis de causarlle a morte e supuxeron un risco vital grave”.

Con todo, conclúe que non existen probas directas nin indiciarias suficientes para desvirtuar a presunción de inocencia. Os maxistrados explican na resolución que “a declaración da vítima, aínda que foi considerada proba de cargo, mostrou inconsistencias e falta de persistencia na identificación do agresor, o que afectou a súa credibilidade”.

Ademais, segundo consta na sentenza, “non se atoparon probas indiciarias concluíntes, como ADN ou gravacións de cámaras de seguridade, que vinculasen ao acusado co feito delituoso”.

Por iso, os maxistrados absolven ao sospeitoso do delito de homicidio en grao de tentativa do que estaba acusado. A sentenza non é firme, pois cabe presentar recurso ante o TSXG.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.