“Un camiño para poñer o punto e final á Fundación Francisco Franco”. Antón Luaces

31 Outubro 2025

O Ministerio de Cultura abriu este venres un procedemento previo (longamente agardado pola maioría dos españois) para dar os primeiros pasos conducentes á ilegalización en España da Fundación Nacional Francisco Franco, teóricamente adicada a fins culturais, históricos, biográficos e documentais que a Avogacía do Estado nega alegando para elo que, entre as súas actividades -como consta na páxina web da entidade- ten entre os seus fins manter o arquivo persoal de Franco e asegurar o seu acceso público, cousa que o Ministerio de Cultura rexeitou engadindo que o acceso é “opaco”.

A fundación ten entre os seus obxectivos o mantemento da biblioteca -con máis de 2.000 publicacións-, a loita contra a mal chamada Lei da Memória Histórica e a participación no debate cultural e político da España actual para poñer “de manifesto a vida e obra de Francisco Franco e a España que creou”.  

O proceso para ilegalizar a fundación arrincou en xuño do ano pasado, cando o Ministerio de Cultura abriu un periodo de actuacións previas para obter información e elementos de xuizo destinados a motivar o comezo do procedemento. Foi iniciativa do mesmo Ministerio de Cultura, de quen depende o Protectorado de Fundacións, organismo ao que corresponde instar xudicialmente a extinción da citada Fundación.

O trámite de alegacións aberto o 31 de outubro é de dez días hábeis, cun periodo de proba que conducirá a unha proposta de resolución nova e un informe á Avogacía Xeral do Estado que deberá conducir á resolución final que instará á decisión xudicial.

Todo este proceso terá unha duración máxima de nove meses, deoendendo da estratexia que adopte a Fundación e dos documento que esta aporte para a defensa dos seus intereses. 

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.