O Concello de Padrón acolle a presentación do libro “Nosotras: el feminismo en la democracia” de Carmen Calvo

02 Outubro 2025

O Concello de Padrón, a través do Centro de Información á Muller Terras de Iria, organiza xunto cos concellos de Rois e Dodro a presentación do libro Nosotras: el feminismo en la democracia, da presidenta do Consello de Estado e ex-vicepresidenta do Goberno, Carmen Calvo. O acto celebrarase o martes 7 de outubro ás 17.00 horas no Auditorio Municipal con entrada libre ata completar aforo. Ademais, as persoas asistentes poderán adquirir exemplares do libro no propio auditorio.

A visita de Carmen Calvo desenvolverase no marco dunha axenda institucional que contará coa participación dos alcaldes de Padrón, Anxo Arca, e de Dodro, Xabier Castro, así como da concelleira de Servizos Sociais de Rois, Mercedes Basante, da concelleira de Igualdade de Padrón, Mariló Saco, e do persoal do CIM. A programación inclúe unha recepción no Concello de Padrón, seguida da sinatura no libro de honra, antes da presentación pública do libro.

Publicado por Planeta, Nosotras propón unha crónica feminista do século XXI en clave política e social. A autora analiza os avances do feminismo en España dende a chegada da democracia e identifica os retos que seguen pendentes para garantir unha igualdade real. Considerada unha das voces feministas máis recoñecidas do país, Calvo defende a necesidade de reforzar a loita pola igualdade nun momento no que, ao seu xuízo, existe confusión arredor do propio concepto de feminismo.

A obra combina a reflexión histórica co compromiso persoal da súa autora, quen achega tamén propostas de acción concretas para combater as discriminacións de xénero. Ademais, bebe da súa experiencia vital e política, coa intención de recoñecerse en outras mulleres e de ofrecer unha mirada compartida sobre dereitos, demandas e esperanzas.

Con este acto, o Concello de Padrón reforza o seu compromiso coa igualdade de xénero e coa promoción de espazos de encontro e debate arredor das políticas feministas.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.