“No Hula”. Xulio Xiz

06 Outubro 2025

Estou no Hula, lugar perfecto para pasar o San Froilán, depois da propia casa, como teño confesado fervorosamente, por recibir coidados e trato certamente familiares. Cheguei na víspera do santo, non podendo escoitar – e ben que o sinto – o verbo cálido da compañeira Lombao, sobriña de entrañable compañeiro tamén pregoeiro hai uns anos; voces amigas que saben a Lugo, a festa e a amizade.

E sonou “O carro”, na Praza Maior. Hai uns anos, no Domingo das Mozas, estoupou este himno chairego, cantado por Treixadura e por milleiros de xente de noso, en homenaxe a Mini e Mero, e con eles a todos os cantores populares das terras de Lugo.

“O carro” é a conxunción de dúas forzas chairegas da natureza, o verbo calido e vital de Manuel María e a música xenial e portentosa de Mero Iglesias Dobarrio. E punto. Foi a primeira música feita por Mero. Foi o primeiro poema do Manuel ao que algúen lle puxo música. Manuel María tenme confesado que o poema xa non o entendía se non ía acompañado pola música de Mero. Cando Mero morra, calquera cantor poderá interpretala na súa ausencia. Mentras Mero viva, hai que pedirlle permiso para cantar “O carro”, polo dereito e polo revés, polo fondo e polos transfondos.

Hai que escoitar a Mero cantar con unción “O Carro” diante da tumba de O Manuel o sete de setembro. Habería que ter un pouco de pudor para non cantar o “O carro” en van. O Manuel, Mato e moitos que “araron sobre os mortos desta terra” tiveron que sentir alterados fondos sentimentos ao ver cantar “O Carro”, sen Mero, contra Mero. Eu, no Hula, na distancia, leveino relativamente ben. Supoño que, polo que me din, me están administrando corticoides que son bos para levar os malos tragos.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.