A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza condena con firmeza a agresión ao monumento dos represaliados de Cabo

28 Outubro 2025

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza emitiu un comunicado no que expresa as súas máis fondas condena e repulsa ante a agresión cometida contra o monumento adicado ás persoas represaliadas polo franquismo en Cabo de Cruz, recentemente inaugurado pola Asociación A Gamela e o Concello de Boiro.

Indican que “este acto vandálico é unha mostra da intolerancia e o descoñecemento histórico que, lonxe de ferir a memoria, reforza o noso compromiso coa verdade, coa dignidade e coa xustiza”.

Engaden que “como persoas que cremos na humanidade e na reconciliación, facemos nosas as palabras do Evanxeo: ‘Señor perdóaos, porque non saben o que fan’”.

Apuntan tamén que “moitas das persoas que xustifican ou silencia estas accións falan de pechar feridas, mais con comportamentos coma este non fan máis que abrilas de novo, demostrando que aínda hai quen non asumiu o dano causado nin o sufrimento herdado”.

A CRMHB quere agradecer as numerosas mostras de apoio e solidariedade recibidas: “Cada mensaxe, cada xesto, lémbrannos que a memoria segue viva e que a verdade non se borra cunha agresión. Seguiremos a traballar para que quen foron perseguidos e asasinados pola defensa da liberdade e da xustiza social sexan lembrados con orgullo e respecto, e para que actos coma este sirvan de recordatorio do moito que aínda queda por facer na construción dunha memoria democrática plena”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.