“Un pantalón gris de raias, unha balea de cobre e unhas gallas de toxo” – Antón Luaces

08 Setembro 2025

Chamábase Ulpiano e non sei de onde era. Mais como dixera José “Pepe” Mujica -que fora presidente uruguaio e por quen sentín e sinto especial devoción tanto na súa faceta humana coma na andaina política (a etapa de tupamaro incluída)- era “un home do sur que veu do sur” a unha asemblea. 

Ulpiano veu á Galicia do norte e das Rías Altas cunha balea de cobre no zurrón coa que zugaba a esencia mariña da ría de Ortigueira abeirado á costa de Sismundi desde as reviravoltas de Curveira. 

O seu era agardar a que o longueirón dese sinal de vida mediante un globiño que “dicía” onde respiraba, e introducir coa rapidez dunha centella a balea de cobre coa que “cobraba” a arelada présa agochada no tremedal cabo das ameixas, berberechos e ostras que foron sempre as convidadas de honra da baixamar naquela especie de meandro que conforma a ría ortegalesa desde Cariño a Figueiroa, pasando por Mera e rodeando o Mazanteo ata a outra beira dese pousadoiro inmarcesible no que de séculos agroman os sons de clarinetes, tubas, trompetas, saxos e gaitas de moi variada fasquía, porque a de Ortegal é terra de bós músicos.

Esa Galicia do norte trouxo a Landoi a Ulpiano, “adiós, carajo”, cun seu falar que denunciaba procedencia de Cuba: Pinar del Río, Matanzas, Cienfuegos e Camagüey, as catro patas da illa cubana que marcaran de xeito indeleble unha vida, a de Ulpiano, que fumegaba cara a Santiago cigarros Montecristo, Lancero, Churchill ou Cohiba que liaban as mulleres mentres en Holguín e Santa  Clara os homes cortaban cana. 

Lembro a Ulpiano coma un home rexo con casa e familia que ollaban a diario ao Camiño Real entre a estrada da Lama e Curveira, sempre atento ao gando e a que o carro cantara no eixo, con zocas e as perneiras do pantalón introducidas nunha especie de polainas de goma acopladas á contorna do pé. Xuraba e fumaba tabaco de hebra coma un carreteiro e, coma estes, trataba ás vacas coma se estas fosen bois: “Vente boi ao rego!”, dicía cando araba. Ou, simplesmente “Ven, boi, ven”. 

Cando estaba canso anicaba no cómaro da leira e sentaba sobre os talóns das súas zocas dando pé, en ocasións, a que se pensara que botaba unha soneca ao tempo que fumaba un pitillo. Nada quería saber de curas e relixión e xuraba igual que fumaba: moito. 

Pai de media ducia de fillos (catro mozas e dous rapazotes) sempre botou man deles nas tarefas da labranza, recurso cotián naqueles tempos do franquismo nos que eran máis importantes as mans e a forza que o coñecemento. Abondaba saber as letras e poder ler mínimamente. Ninguén apostaba porque un fillo daquela época fose algo máis ca un migrante e, abofé que, no caso dos fillos de Ulpiano, meu dito meu feito: Inglaterra e Francia para os varóns, Madrid e outras cidades españolas para as mozas que, co paso do tempo, foron vindo cara os lares.  E precísamente por mor do tempo, Ulpiano e familia foron desaparecendo e cesando o canto dos  carros e os “Vente, boi” de Ulpiano desapareceu dos camiños e as leiras, ao igual que desaparecían dos soutos os castiñeiros e as curuxas cesaban nos seus cantos nocturnos. Na ría, as ostras foron morrendo disque pola interrelación coas procedentes de Francia, e as mulleres costureiras pasaron a ser mariscadoras con carné. Na ría non se volveu falar de Ulpiano e o transporte de viaxeiros á Vila deixou de se facer en lanchas para, os homes, desprazarse en bicicleta (os máis adiñeirados en motocicleta) ata que a Vila deixou de ser a cabeza de todo para ser parte dun moi pouco. A ría quedou para a foto e a morriña. Ulpiano quedou na lembranza. “Sí, é posibel un mundo cunha humanidade mellor, mais talvez hoxe, a primeira tarefa sexa salvar a vida” (José “Pepe” Mujica).

Outros artigos

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

+

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.