
Ribeira vai acoller unha charla e un obradoiro de balde sobre os beneficios do exercicio físico para persoas con cancro, e tamén como medida para previr a aparición desta doenza. Será en dúas quendas: o martes 16 de setembro celebrarase o obradoiro e o martes 23 de setembro desenvolverase o obradoiro, en ámbolos casos a partir das 17.00 horas.
O lugar será a Casa da Xuventude de Ribeira (avda. Constitución, s/n). As inscricións cómpre facelas a través do teléfono 981 14 27 40 ou do correo acoruna@contraelcancer.es. Esta actividade encádrase na Cátedra AECC-UDC Exercicio Contra o Cancro, que ten como obxectivo mellorar a calidade de vida dos pacientes con cancro e as súas familias a través da práctica de exercicio físico.


