
No caso das persoas adultas e dos mozos e mozas, haberá obradoiros culturais en: Esteiro (arte floral, bordado, encaixe de “bolillos” e traballos manuais); Tal (bordado e traballos manuais); Abelleira (bordado, encaixe de bolillos e traballos manuais); Torea (traballos manuais); Serres (bordado, encaixe de “bolillos” e traballos manuais); Muros (arte floral, bordado, costura e encaixe de “bolillos”, gravado e pintura, teatro, traballos manuais e cociña); Louro (bordado e traballos manuais) e Trasdacosta (bordado).
No caso dos nenos e nenas, están previstos obradoiros de teatro e pintura (nados entre o 2018 e o 2014, ambos incluídos).
O prazo de preinscrición remata o 18 de setembro ás 14 horas. A preinscrición farase nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros, por medio da sede electrónica do Concello de Muros ou cubrindo un formulario. No caso de rexistrar para a mesma persoa máis dunha solicitude, só se terá en conta a última, anulando con esta todas as feitas con anterioridade.
Para formalizar a matrícula, do 23 ao 29 de setembro, as persoas inscritas deberán consultar a constitución dos grupos e os seus horarios no Centro Cultural e Xuvenil de Muros, no teléfono 981 762 294 ou na páxina web do Concello.
As actividades darán comezo a partir do luns 13 de outubro de 2025.
Para máis información cómpre acceder ás bases completas da convocatoria.



