O Náutico de Ribeira celebra esta fin de semana a XIX Regata GADIS, centrada na promoción da vela entre os máis pequenos

02 Setembro 2025

O Náutico de Ribeira organiza esta fin de semana, 6 e 7 de setembro, a XIX Regata GADIS, unha cita que desde hai tres anos está orientada aos máis pequenos co obxectivo de promover e garantir o futuro da vela, tanto nas clases olímpicas como na modalidade de Cruceiro.

A presentación tivo lugar na biblioteca do club, nun acto conducido polo presidente da entidade, José Luis Torres Colomer, acompañado polo xerente da área de Santiago de GADISA, Román Roo; o delegado da compañía en Ribeira, Luís Vázquez; e os directivos do Náutico, José Luís Lomba, Justo Arevalillo e José Díaz.

Torres Colomer destacou que a competición se desenvolverá diante da praia de Coroso e contará cun amplo dispositivo de seguridade no mar, no que participarán, ademais das embarcacións de cada club, efectivos de Protección Civil e Cruz Vermella.

Segundo explicou o comodoro José Luís Lomba, estarán convocadas dúas clases: Optimist e ILCA 4 (antigo Láser 4.7). No caso do Optimist, dividiranse en tres grupos: Regata Ouro, Regata Prata e Escola. O programa contempla a realización de seis mangas en total, tres por cada xornada.

A competición reunirá arredor dun centenar de novos regatistas, procedentes das escolas de vela da comunidade, moitos deles debutantes tras iniciarse neste deporte durante o verán. O sábado, se o tempo o permite, a primeira saída está programada para as 14:30 horas, mentres que o domingo as probas comezarán ás 10:30 horas. A entrega de premios celebrarase ás 18:00 horas.

Desde a organización destacouse tamén o apoio de GADIS, patrocinador principal. “Despois de 19 edicións, pódese dicir que a continuidade da regata está garantida”, sinalou Román Roo, quen subliñou a coincidencia entre os valores da empresa e os da vela: amor pola natureza, actividade física e vida saudable.

Foto Juan Caballero

Outros artigos

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.