O Concello de Padrón impulsou melloras nos centros educativos de cara ao inicio do curso

08 Setembro 2025

O alumnado de Padrón incorporouse este luns, 8 de setembro, ao novo curso escolar. O Concello quixo que este regreso viñese acompañado das mellores condicións en materia de infraestruturas, grazas ao plan de traballos de acondicionamento impulsado polo Goberno local durante o verán, que programou diferentes actuacións co obxectivo de que os colexios estivesen listos e en óptimas condicións para a volta ás aulas.

As intervencións abrangueron labores de pintado e mantemento de infraestruturas, como as realizadas no CEIP A Ponte, onde foron pintadas as aulas e arranxáronse caleiro e accesos, ou no Rosalía de Castro, onde se renovaron tres aulas e xa se está a tramitar a substitución do caleiro do patio cuberto.

Outro bloque de traballos centrouse na mellora de instalacións e servizos básicos, como no CEIP Arretén, onde se renovaron enchufes, arranxouse a casiña do patio e o Concello colaborou con man de obra de fontanaría, albanelería e electricidade para o acondicionamento da cociña do comedor.

En materia de espazos exteriores e zonas de lecer, destaca a intervención integral no CEIP Flavia, que incluíu a retirada de palmeiras, a ampliación do estacionamento do profesorado, a posta en valor do antigo horto como zona de xogos e a renovación do mobiliario urbano con bancos, papeleiras, mesas e macetas novas.

Xunto con estas melloras, continuouse co labor ordinario de coidado das zonas verdes e dos areeiro.

O Concello ten previsto pechar nos vindeiros días pequenas melloras noutros centros, como a colocación de estores no CEIP de Extramundi ou o arranxo de persianas na Escravitude.

Con este conxunto de actuacións, o Concello de Padrón reitera o seu compromiso coa comunidade educativa e destaca o esforzo realizado, que combina investimentos, planificación e traballos de mantemento continuo. O obxectivo é garantir que alumnado e profesorado dispoñan dunhas instalacións seguras, cómodas e renovadas para desenvolver a súa actividade diaria.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.