“Lavacolla ten dúas terminais: unha moderna e outra chea de vergoña”. José Luís Calo

19 Setembro 2025


En Galicia temos unha habilidade especial para agochar os problemas debaixo da alfombra.
E cando non hai alfombra, cavamos un burato e tapámolo con formigón. Pero en Santiago
superamos todas as marcas: simplemente deixamos que a realidade se pudra á vista de
todos. Refírome, como non, á antiga terminal do aeroporto de Lavacolla, ese esquelete
de cristal e cemento que leva máis dunha década acumulando abandono, silencios e
vergoña.
Agora, AENA anúncianos con orgullo un novo plan quinquenal para 2027-2031 —
porque xa postos, soa máis serio se se lle chama como os vellos plans da Unión Soviética—
. E atención, porque trae de todo: renovación de pistas, reforma de aseos, climatización de
pasarelas, ampliación de aparcadoiros, simuladores de lume, e ata unha liña para mellorar a
distribución da auga potable. Un plan completo… ou case.
Porque hai unha ausencia clamorosa: a antiga terminal. Esa non aparece por ningures.
Esa segue igual: pechada, abandonada, deteriorándose día a día mentres as administracións
miran cara outro lado. Todo un símbolo da xestión pública que levamos anos sufrindo:
escapar cara adiante e agardar a que o tempo (ou a gravidade) faga o traballo sucio.
Di a Delegación do Goberno que recentemente se adxudicaron 26,6 millóns de euros para
rexenerar o pavimento da pista do aeroporto. Moi ben, que non falte a seguridade
operacional. Pero non hai nin un euro para actuar sobre unha estrutura que leva máis
de 12 anos sen uso e que se converteu nunha mácula arquitectónica e política. E a
ninguén lle cae a cara de vergonza.
As administracións —local, autonómica e estatal— teñen responsabilidade
compartida nesta deixadez. Unhas por mirar para outro lado, outras por calar, e todas por
consentir que a cidadanía teña que convivir cun monumento á incompetencia. Mentres se
gasta en asfaltado, cables e climatización de pasarelas, aquela terminal abandonada
segue sendo o primeiro que ven milleiros de viaxeiros ao chegar a Compostela.
Non se pide un milagre. Só un mínimo de dignidade. Ou se recupera, ou se demole, ou se
lle dá algún uso social, cultural ou administrativo. O que non se pode seguir facendo é
nada. E o nada xa dura demasiado.
Quizais no seguinte plan quinquenal —alá por 2032— alguén decida incluíla. Se é que para
entón aínda queda algo que non caese a cachos. Porque vistas as prioridades de quen nos

goberna, non sería raro que antes lle puxesen un aire acondicionado novo á pasarela
7C que se enche de calor en agosto.
Mentres tanto, a vergoña segue en pé. Ben visible, ben localizada, e tristemente
ignorada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

Decía Séneca que “errar es humano” y por tanto, si esto fuese así, uno podría concluir que “no errar será de no humanos”. Dos mil años después, esta premisa necesita una actualización y no porque haya dejado de ser cierta, sino porque ya empieza a haber quien, con...

“Tres aviones volando a Turquía” – José Castro López

“Tres aviones volando a Turquía” – José Castro López

En la cumbre de la OTAN de la semana pasada no sorprendieron las boutades del presidente americano que primero insultó a España -y a otros socios- y en el vuelo de vuelta se deshizo en elogios a nuestro país, no se sabe a cambio de qué. Tampoco fue sorpresa alguna la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.