Este domingo celébrase o XVI Torneo Internacional Concello de Rianxo de Xadrez

05 Setembro 2025

O Pavillón Municipal José Manuel Abuín “Chema” acolle esta fin de semana, o domingo 7 de setembro, o XVI Torneo Internacional Concello de Rianxo: unha nova edición da festa do xadrez rianxeira que achegará máis de 2.500€ en premios e múltiples agasallos para as categorías de promoción. O torneo está incluído no XVIII Circuíto Galego de Promoción 2025, así como no XXXVI Circuíto Galego de Xadrez 2025. Ademais, volverase contar coa presenza dalgún gran mestre deste deporte. Compiten as seguintes categorías: categoría Sub-08, categoría Sub-10, categoría Sub-12 e categoría Sub-14. Quen precise máis información sobre este importante evento rianxeiro, tena na web da federación galega (FEGAXA). Nesta mesma páxina poden facer tamén as inscricións.

Outros artigos

O Concello de Dodro toma medidas pola ameaza da seca

A situación de diminución progresiva nas reservas de auga do concello de Dodro obriga ao Concello a tomar medidas. O obxectivo, en palabras do Consistorio, "é garantir o abastecemento de auga para o consumo humano e os usos esenciais". Engade que en todo caso "son...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Recreación histórica” – Xulio Xiz

“Recreación histórica” – Xulio Xiz

As festas de recreación histórica están de  moda. Algunhas, coma o Arde Lucus, permiten a unha cidade reivindicar con entusiasmo feitos do pasado, conseguindo difícil unanimidade arredor dunha historia, lenda ou idealización. O mesmo acontece con labores extintas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.