“Cemento sen memoria: reflexións tras a derruba do Castromil”. José Luís Calo

27 Setembro 2025

Non queremos perder a identidade das nosas cidades. Algo que leva pasando neste último
século. Incorporar criterios e pautas estéticas da cidade antiga do século XIX no urbanismo
actual é esencial para preservar o noso legado. Un exemplo disto vivímolo en Santiago de
Compostela co elegante Edificio Castromil, derribado en 1975, que ennoblecía a actual
Praza de Galicia.
Por decisións políticas a principios da década de 1970, o Concello decidiu construír un
aparcadoiro subterráneo, pensando en revitalizar a urbe compostelana. Para iso, claro, nada
mellor que demolir un edificio emblemático. Crían que demolendo arquitectura de valor e
construíndo ladrillos novos se estaba facendo unha obra de enxeñaría urbana. Hoxe, como
diceron moitos arquitectos, ese foi un “pequeno detalle” que resultou ser un erro grave.
Mais, supoño que entón alguén pensou: “Se non se ve, non existe, e xa está todo resolto”.
Naquel momento crían que demolendo edificios antigos e construíndo novos se estaba
tomando unha boa decisión. Hoxe vemos o baleiro que deixou o Castromil no corazón da
Praza de Galicia e seguimos a preguntarnos se alguén pensa en volver á lóxica do sentido
común. O aparcadoiro subterráneo está aí, si, pero non lle pidas que che conte historias ou
que lle ensine ao visitante un pouco de beleza e memoria urbana.
Este 50.o aniversario da súa derruba serve como recordatorio da importancia de protexer o
patrimonio. Recuperar e rehabilitar edificios emblemáticos non é un acto de nostalgia,
senón un compromiso coa memoria colectiva e coa identidade da cidade. Santiago merece
aprender do pasado, valorar o que queda do seu legado e garantir que as decisións
urbanísticas futuras conciliaran modernidade e historia. Porque, sinceramente, xa está ben
de que nos vendan ideas “revolucionarias” que resultan ser só cemento sen alma.
A historia do Castromil ensínanos que a conservación do patrimonio é clave para que a
cidade siga sendo un espazo rico, elegante e cheo de memoria, un lugar no que o pasado e o
presente poidan convivir en harmonía. E, xa postos, se algunha vez alguén pensa en
derrubar outro edificio emblemático para “modernizar” Santiago, que lembre que o
sarcasmo galego sempre chega tarde ou cedo: alguén acabará escribindo un artigo, e xa
sabemos como acabará a historia.

Por José Luis Calo, coordinador de UCIN Galicia

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.