A veciña de Baroña Carmen de Lourenzo celebra o seu 103 aniversario

08 Setembro 2025

O Concello de Porto do Son rendeulle unha homenaxe a Carmen de Lourenzo, veciña de Baroña, con motivo do seu 103 aniversario. O alcalde, Luis Oujo, xunto co concelleiro de Benestar Social, Pepe Lijó, achegáronse esta pasada fin de semana ata a súa casa para compartir unha xornada tan especial.

Durante a visita, os representantes municipais trasladáronlle persoalmente os parabéns en nome de toda a veciñanza e fixeron entrega dun fermoso agasallo floral, así como da insignia de honra do municipio sonense.

Con este xesto, o Concello quixo recoñecer a longa vida de Carmen e destacar a importancia de preservar a memoria e o respecto polas persoas maiores, exemplo de tradición e identidade para Porto do Son.

Outros artigos

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.