Xoves 21, xornada de transición con intervalos nubrados nas Rías Baixas e en Santiago

20 Agosto 2025

As Rías Baixas e a comarca de Santiago vivirán este xoves 21 de agosto , San Pío, unha xornada marcada pola entrada dunha cuña anticiclónica, que deixará un tempo de transición con intervalos de nubes e claros.

Os ceos presentaranse anubrados intermitentes, con posibilidade dalgún chuvasco feble e ocasional, especialmente nas áreas máis ao norte. Nas Rías Baixas, a mañá amencerá con alternancia de nubes e claros, mentres que en Santiago os ceos estarán máis cubertos, mellorando cara á noite.

As temperaturas mínimas manteranse sen cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso, situándose en valores agradables.

No relativo ao vento, soprará de compoñente norte, en xeral frouxo, pero intensificándose ata moderado no litoral durante a tarde e a noite, sobre todo na fachada atlántica.

O venres volve o tempo seco e soleado en xeral, con suba da temperatura.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 3 a 4 á mañá, 4 a 5 á tarde e 3 a 5 á noite. Marusía á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 1.5 metros.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.