Continúan en Porto do Son, este mes de agosto, as visitas guiadas destinadas a redescubrir o patrimonio local da man de José Manuel Vázquez Lijó. Nuns días, máis concretamente o 22 de agosto ás 11:00, celebrarase unha nova entrega destas sesións divulgativas e turísticas que teñen na Capela da Atalaia un dos seus principais eixes temáticos. As inscricións cómpre facelas no Museo Marea ou na Oficina de Turismo do Castro de Baroña.
As visitas veñen da man do Concello de Porto do Son (Área de Turismo) e o dito Museo e diríxense a reivindicar, esta tempada estival, o rico patrimonio cultural e histórico do Son. Estes percorridos culturais serán dirixidos polo experto José Manuel Vázquez Lijó. As inscricións cómpre facelas no Museo Marea e na Oficina de Turismo do Castro de Baroña. A asistencia é para grupos de 20 persoas. Máis información nos teléfonos 981853431 / 646095440. / 881878228.




