Nova campaña para fomentar o uso responsable da auga ante o aumento da demanda no verán

04 Agosto 2025

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, anunciou hoxe no concello de Porto do Son que a Xunta de Galicia poñerá en marcha neste mes unha nova campaña de sensibilización sobre o uso responsable e eficiente da auga, un recurso que pode escasear especialmente durante os meses de verán.

Durante a visita, na que estivo acompañada polo director de Augas de Galicia, Roi Fernández, a conselleira alertou sobre a coincidencia de dous factores que dificultan o abastecemento nestas datas: as condicións climáticas máis secas pola calor, que reducen a dispoñibilidade de auga, e o aumento da poboación nas zonas turísticas, como Porto do Son, que multiplica a demanda.

Neste contexto, Ángeles Vázquez apelou á responsabilidade cidadá —tanto de particulares como de empresas e administracións— para facer un uso sostible deste recurso esencial. A conselleira fixo fincapé en boas prácticas cotiás como pechar a billa mentres se lavan os dentes, optar pola ducha en lugar do baño, regar as plantas nas horas de menor evaporación ou reutilizar a auga sempre que sexa posible.

Tamén sinalou que empresas e administracións deben dar exemplo, adoptando medidas como reducir o rego de parques e xardíns, evitar o baldeo de rúas ou pechar fontes ornamentais para evitar un consumo innecesario.

A responsable autonómica puxo en valor o papel que xogan os pequenos xestos na mellora da xestión da auga e lembrou que a Xunta, a través de Augas de Galicia, está a apoiar aos concellos técnica e economicamente. Este ano, concedéronse máis de 3,3 millóns de euros en axudas para mellorar as redes de abastecemento e reducir perdas, así como 533.000 euros para auditorías das redes municipais e outros 500.000 euros para melloras nas instalacións das comunidades de usuarios.

Vázquez asegurou que o Goberno galego continuará traballando nesta liña para garantir un uso racional da auga que permita conservar un recurso vital desde o punto de vista social, económico e ambiental. “A auga forma parte da Galicia verde e azul que queremos protexer, tanto no presente como no futuro”, concluíu.

Outros artigos

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.