“Na actualidade arde a Galicia do interior, con graves danos. Como serán estes cando en breve cando cheguen ao mar es cinsas e borrallas?. Antón Luaces

17 Agosto 2025

No pretendo ser agoiro, mais os anos e a experiencia fan que unha outra vez tente poñer as rodas diante do carro para, a poder ser, atopar un mínimo remedio a algo que vexo vir e que, por descontado, a administración autonómica ignora ou non ten en conta: os incendios forestais están a deixar nos montes toneladas de borralla e cinza que, máis cedo que tarde, irán parar aos ríos e, con estes, ao mar. 

Se as perdas en terras, montes, viais de comunicación, vivendas, negocios, etc., son  a día de hoxe incalculabeis, cales poderán ser estas cando nos vexamos na necesidade de estimar as mesmas no intre de  nos ver na obriga de sumar a elas as que, sen dúbida, haberá que engadir como consecencia do arrastre ás rías desa borralla e esa inmensa caterva de restos calcinados en terra pola acción das lapas?. Que se vai mariscar, que vai pescar e xente do mar de Galicia, como vai compensar a administración ese dano que lle está ocasionado os incendios forestais a unha poboación obntrigada á contemplación e á que, moito me temo, lle resulta imposible facer avaliacións a día de hoxe?. Ten feita algún tipo de previsión neste senso a Xunta, conta -de entrada- coa colaboración do Goberno para remediar un problema que de seguro se vai producir?.

Todo isto, complementado con outras axudas económicas e sociais a aplicar a un sector que traballa arreo con salarios sumamente baixos -1.200, 1.300 euros mensuais para longuísimas xornadas laborais con contratos anuais dun máximo de seis ou sete meses- de traballadores que se xogan a vida preservando as dos demájs apagando lumes nos montes a carón dos militares da UME e da Garda Civil complementados por hidroavións e helicópteros e, moitas veces, pola veciñanza que motu proprio opta por botar man da pá, o sacho ou a socorrida mangueira antes que ver como morren animais da súa querenza ou queda reducida a cinzas a súa propiedade.

Xa non se pode improvisar. Galicia non está en condicións de contar co “voluntarismo” de aqueles que defenden “o de todos” por un voto. Porque aquí, ao igual que no resto do mundo, cada can lambe o seu cú. 

Pois daquela…

Outros artigos

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.