“Mestre, cal lle botamos aghora?”. Antón Luaces.

04 Agosto 2025


E a resposta sempre foi: “A mesma, pero máis carghada de bombo”.
Sempre foi así, cando se trataba de poñer en bandexa de prata a Banda de Música de Caamaño, tamén sinalada como Severo e os seus Mariachis.
Sempre estaban ahí, cos pasarrúas mañanceiros, a compaña na procesión do Carme e don Juan “Perreras” sen competencia eclesiástica. Na praza de Pontevedra -agora chea de músicas- só había ni miña mocidade, o coche do veterinario don Pascual, o mal leite do Raxado, zapateiro de moita sona, e os cachos de mármore que voaban desde a Casa dos Duendes para disolver de vez as concentracións de rapaces do Cruceiro, Bandaurrío e O Pombal que xogabamos ao burro e, obviamente, ao fútbol con pelotas que facilitaba case sempre Pepe de Evangelina (gran futbolista e non menos grande como ciclista e “tirador” con escopeta de perdigóns.


Eran tempos festivos aqueles de bandas de música militares, de grandes orquestras como a Poceiro, de fin de festa con luminotecnia no malecón -daquela non se discutía quen tiña que autorizar a instalación da caseta de Barriga Verde, os cabaliños de cartón pedra, as barquiñas ou as casetas de churros e patacas fritidas. A música e o baile quedaban para a praza da igrexa e as rúas da contorna eran ríos de xente que celebrabamos o “paseo de moda”. Eran, efectivamente, outros tempos. Tempos de tomar un “preparado” no Nordeste, un bocadillo de polbo (que ben sabía!) na de Penín, e botar un vals, un pasodobre e un bolero sobre as lousas desiguais de pedra na hoxe en día Porta do Sol desde a que Alvino avisaba de misas e enterros a golpe de campá.
Eran, as de agosto, as festas de verán, e quedan as “do cura”, que eran as patronais e con menos aquel cas de agosto.
Todo esto trouxo á miña memoria un precioso artigo da autoría de Emilio Sanmamed -cuxa lectura recomendo- publicado nun xornal que se edita na Coruña.
Sí, festas que, sen chegar a ser nen a cuarta parte do que son hoxe- deixaban unha pegada tan grande, tan grande, que unha vez rematadas xa faciamos plans para as do ano seguinte. Canto tardaba en chegar ese ano seguinte!.
Foi nun deses anos no que o secretario da Irmandade de Labradores, Ventura Novo Martínez, contou unha anécdota que nunca esquecín: Severo, o director da Banda de Música que había en Ribeira, acudira á delegación de Sindicatos. Quería rexistrar oficialmente aos músicos que integraban a banda. Facilitou o nome de cada dos “mestres” e can duxo o seu nome citou a Cevero. O funcionario, que non o coñecía, preguntou cheo devirszón.

Cevero ou Severo?. Resposta con moi mala uva: Cevero!. E de novo, pregunta: “con ese ou con ce”. E Severo: Con Ece Oztia!”. E quedoulle clariño coma a auga. Con ece de ese.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...