Luns 1, nubes e claros con chuvascos

31 Agosto 2025

C

Comeza a semana e o mes de setembro, nunha situación intermedia entre unha borrasca situada sobre Irlanda e o anticiclón das Azores. Polo tanto, teremos alternancia de nubes e claros con chuvascos máis frecuentes na metade oeste de Galicia. Na madrugada do martes 2 agardamos a chegada dunha nova fronte atlántica con precipitacións máis intensas no litoral. As temperaturas mínimas continuarán en descenso e as máximas non terán cambios. O vento soprará moderado do oeste, sendo forte do suroeste ao final do día entre Fisterra e a Mariña Oriental.

Vento do oeste á mañá e á tarde e do sudoeste á noite, forza 2 a 4 á mañá e á tarde e 3 a 5 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e marusía á noite.

O noso mar: Visibilidade regular á mañá e á noite e boa á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3.5 a 4 metros á mañá e á tarde e 2.5 a 3.5 metros á noite.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.