Belén do Campo visita o Hotel O Noso de Porto do Son, referente comarcal en sustentabilidade enerxética

05 Agosto 2025

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada polo alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, visitou este 5 de agosto o Hotel O Noso no concello sonense, que contou cunha achega autonómica de máis de 116.000 euros, en réxime de concorrencia non competitiva, dentro da liña de subvencións para a mellora da eficiencia enerxética en empresas turísticas de Turismo de Galicia do ano pasado, o que lle vai a permitir un importante aforro na súa factura eléctrica. A representante do Goberno autonómico destacou que na provincia foron beneficiados 45 establecementos por un importe de máis de 3,2 millóns de euros.

No caso desta axuda a subvención concedida destinouse á actuacións que lle van a permitir reducir a demanda enerxética do edificio en calefacción e climatización, mediante a mellora da envolvente térmica dalgún dos elementos que a compoñen. Ademais, están instalando illamento térmico polo exterior das fachadas tipo SATE e fachadas ventiladas. No salón social e de recepción optase por un illamento polo interior mediante trasdosado a base de placas de xeso laminado e pola instalación dun falso teito na cuberta da instalación social.

Ademais, tamén foi substituída a carpintería exterior e os vidros nos casos no que se considerou necesario e a instalación dun xerador fotovoltaico, cunha superficie total das placas de 59,41 m2. A maiores, grazas a esta achega puideron renovar a neveira, lavadora e secadoras de tipo doméstico por outras de dimensións similares pero con maior eficiencia enerxética. Outra das actuacións foi a substitución da calandra-plancha tipo rodete por unha que mellorase o consumo enerxético. Os electrodomésticos que se pretenden instalar son, en todos os casos, de igual tipoloxía e características análogas, pero permiten uns aforros de máis do 51% no seu consumo e de preto dun 90% no consumo xeral con toda a intervención.

A delegada da Xunta destacou a importancia de apoiar a un sector en auxe “con axudas que non só lles van a permitir aforrar na súa factura da luz, senón tamén mellorar a imaxe e a calidade dos servizos turísticos que se prestan no noso territorio” e lembrou que “se trata dunha medida incluída dentro das accións que leva a cabo a Xunta de Galicia para avanzar nun modelo turístico sostíbel”.

Convocatoria 2024

Con respecto ás solicitudes realizadas o ano pasado Belén do Campo lembrou que a Xunta reservou 11 millóns de euros en total, para apoiar a 150 empresas, para poder atender todas as peticións presentadas. Na comarca do Barbanza recibiron estas achegas 5 establecementos turísticos en Porto do Son, Boiro, Mazaricos, Muros e a Pobra do Caramiñal por un importe de máis de 475.000 euros.

Con respecto a convocatorias anteriores, a do 2024 introduciu como novidade, a posibilidade de que as empresas de restauración -non só as de aloxamento- tamén puideran optar a elas.

Ademais, sufrágase a rehabilitación enerxética de todo o edificio ou dunha parte (na anterior eran edificios completos), non se pide antigüidade mínima dos edificios a rehabilitar e non hai unha esixencia mínima de aforro enerxético, entre outras.

Belén do Campo explicou que a intensidade da axuda foi de ata un 70% do custo total subvencionábel do proxecto; aínda que puido chegar ao 80 ou 90% no caso no que se acreditasen aforros de enerxía primaria non renovable dun 20 ou 30%.

Entre as actuacións subvencionábeis incluíanse a mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica, das instalacións térmicas, a colocación de paneis fotovoltaicos para autoconsumo, renovación da iluminación e dos electrodomésticos e a instalacións de sistemas de automatización e control da enerxía. Os investimentos teñen que estar executados antes do 31 de decembro de 2025.

Nova orde axudas 25-26

Na visita a delegada lembrou que no Consello da Xunta desta semana anunciouse a convocatoria dunha nova orde de axudas para mellorar os negocios turísticos da costa e para integrar a paisaxe co obxectivo do embelecemento do litoral. Estas axudas contarán cun orzamento de 5 millóns de euros e convocaranse a principios do mes de setembro. Os apoios van dirixidos a hoteis, bares e cafeterías en vilas mariñeiras, e poderán recibir ata 232.000 para obras de fachada e melloras enerxéticas e para ampliar servizos mediante a dxitalización: aplicacións móbiles ou QR turísticos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.