Rianxo celebra entre o 22 e o 27 de xullo unha nova edición da Festa da Xouba

08 Xullo 2025

Do 22 ao 27 de xullo celebrarase unha nova edición da Festa da Xouba de Rianxo. Ademais de na propia xouba, a organización (Xouba de Rianxo e o Concello) porá o foco na cultura mariñeira que xira en torno ao dito produto gastronómico: a xouba. Mesas redondas, visitas guiadas, encontros de embarcacións, tapas variadas nos bares da vila e do concello e moita música serán os grandes ingredientes da celebración.

Dende o Concello confirmaron que nos vindeiros días iranse anunciando as diferentes actividades do programa, que todo apunta a que inclúa novamente o roteiro gastronómico Tapea con xeito! (polos establecementos rianxeiros), concertos, degustacións, obradoiros, visitas guiadas, roteiros marítimos e exaltacións de música e baile tradicionais. A Festa da Xouba conta coa colaboración da Consellería de Mar. Trátase, en palabras da Xunta, “dun relevante evento” que constitúe unha auténtica exaltación deste peixe que conta co selo de calidade propio dende 2023: Xouba de Rianxo, Pesca Artesanal, Arte do Xeito.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.