“O futuro que vén do Congreso do PP: un cambio necesario para a mocidade”. Carlos Moledo

03 Xullo 2025


Esta fin de semana, Madrid acollerá unha das citas políticas máis relevantes do ano, o Congreso
do Partido Popular. Un evento que, máis alá de ser un foro interno, representa unha oportunidade
para redefinir o proxecto político dunha forza chamada a ser alternativa real ao actual Goberno de
Pedro Sánchez. Porque se hai algo evidente no panorama político español, é a ausencia de
responsabilidade e seriedade nas filas da que un día foi coñecida como a ben chamada coalición
Frankenstein, que hoxe continúa ocupando a Moncloa.
O actual Executivo leva anos prometendo á mocidade un futuro mellor. Anúncianse medidas a
bombo e prato, estratexias con grandes nomes, plans de choque que nunca chegan e mesas de
diálogo que non conducen a ningún lado. Pero, unha vez apagados os focos e micrófonos, a
realidade é outra: precariedade, falta de vivenda, salarios baixos e unha sensación xeralizada de
abandono institucional. Moitos ministros semellan máis preocupados por rebatir titulares, atacar á
xudicatura ou aburrirse ata a saciedade en X —Twitter—, que por traballar en políticas públicas
efectivas. Hai anuncios que realmente son grandilocuentes, pero os resultados… invisibles.
Neste panorama de incerteza e fatiga cidadá, o Partido Popular emerxe como a única forza
política con capacidade real e contrastada para ofrecer unha alternativa de goberno solvente. Non
se trata só de liderar as enquisas ou de contar con dirixentes experimentados e preparados,
senón de asumir con responsabilidade o reto de devolverlle estabilidade institucional, rigor e
proxecto a un país que leva demasiado tempo atrapado na improvisación e na polarización. O PP
demostra ter a mirada posta na xente, nas súas preocupacións diarias, e moi especialmente nas
novas xeracións, que levan anos sufrindo as consecuencias dun Goberno máis preocupado pola
retórica que pola realidade.
No Congreso de Madrid abordarase unha cuestión clave: a reafirmación dos principios e valores
que historicamente definiron ao Partido Popular como unha forza seria, moderada e de goberno.
Nun momento de inestabilidade política e deterioro institucional sen precedentes, é máis
necesario ca nunca recuperar a esencia dun proxecto baseado na responsabilidade, na defensa
da liberdade individual e no compromiso do interese xeral. E dentro desa reflexión sobre o rumbo
do partido, tamén debería ocupar un lugar destacado a necesidade de reconectar coa mocidade,
incorporando as súas demandas ás prioridades da axenda política.
Exemplos de que hai un cambio de fondo xa hai tempo que se deixan ver. A deputada nacional
Noelia Núñez representa ese novo aire dentro do partido: comprometida, próxima e centrada nas
necesidades reais da xuventude. Na mesma liña, Paula Prado en Galicia reivindica, con firmeza e
determinación, políticas reais fronte á propaganda do Goberno de Sánchez. Así o demostrou
recentemente, poñendo o foco sobre as carencias das políticas xuvenís do Executivo e
reclamando medidas efectivas para garantir o emprego, a formación e o acceso á vivenda para os
máis novos.
O Congreso do PP pode e debe ser o punto de inflexión. Un espazo para consolidar liderazgos,
redefinir propostas e lembrar que gobernar non é facer propaganda nin aproveitarse das arcas
públicas, senón aplicar o poder de xeito responsable e de maneira que se traduzca en decisións
valentes e atinadas. A mocidade necesita respostas, non máis polarización. E o Partido Popular,
se sabe escoitar e actuar, pode ser a esperanza que moitos levan tempo agardando
Porque o futuro non se debe improvisar e tampouco pode seguir nas mans de quen só pensa no
seu presente.

Outros artigos

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.