Martes 15, tempo seco e soleado baixo influencia anticiclónica

14 Xullo 2025

Galicia estará este martes baixo a influencia dun anticiclón que traerá consigo unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica e o predominio do sol na maior parte do territorio.

A circulación do nordés marcará a pauta meteorolóxica do día. Prevese a formación de bancos de néboa nas primeiras horas da mañá en zonas do interior, que se disiparán co avance da mañá, dando paso a ceos despexados.

As temperaturas mínimas manteranse sen cambios significativos, mentres que as máximas rexistarán un lixeiro ascenso, máis acusado na comarca e na metade sur da comunidade. Esta subida permitirá que moitas zonas superen os 25 graos durante a tarde.

En canto ao vento, soprarán do nordés, sendo frouxos no interior e moderados nas zonas costeiras, especialmente nas Rías Baixas e o litoral da provincia da Coruña.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte, forza 3 a 4 á mañá e 4 a 5 á tarde e á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e 1 a 2 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...