“Maltratar a unha muller”. Antón Luaces

22 Xullo 2025

A violencia de xénero sempre sitúa a muller fronte do home. Dito doutro xeito: a muller sempre é a protagonista principal dun suceso con fondas raíces culturais que derivan no maltrato e o asasinato da muller por parte do seu compañeiro ou excompañeiro. Este, en ocasións, tenta atenuar os efectos desa agresión autolesionándose, nunha especie de arrepentimento que sempre chega tardíamente.

E xorde en numerosas ocasións a pregunta de por que esa violencia de xénero reverte exclusivamente na parte teóricamente máis feble: a muller. Será, talvez, porque resulta máis doado agredila que autoagredirse?. Ou ben ca educación masculina conduce a ese resultado?.

A desconsideración e a falta de respecto conducen á violencia psicolóxica, física e sexual. Todos fomos educados nunha sociedade machista, o que conduce invariablemente a maneiras de microviolencia contra das mulleres. Intimidar, presionar sexualmente, desprezar ou tentar controlar a liberdade e o diñeiro das mulleres poden ser consecuencias desa educación; mais resulta evidente tamén que o número destas agresións diminúe, o que pode ser indicativo dun cambio social que sen embargo non se  traduce na implicación da maioría dos homes na defensa das mulleres. Máis aínda: o machismo está a ser detectado en novas maneiras e expresións dos máis xoves e contra das mozas teóricamente máis preparadas para facer fronte a ese machismo que non  damos erradicado. Que é o que falla, logo?.

Vai 50 anos, cando os que traballabamos nos xornais ata as dúas da mañá, fun testemuña da agresión dunha muller no portal da súa vivenda polo que supoño era o seu esposo ou parella. Foi na avenida de Fisterra, fronte ao acceso á imprenta Roel. A parella e máis eu eramos os únicos seres viventes presentes. Tentei mediar -quen me mandaría?- na trifulca. Daquela non  había teléfonos mobeis, nen tampouco os populares sereos que percorrìan as rúas da cidade brindando axuda e resgardo. Curiosamente a miña intervención na desputa serviu para calmar, relativamente, ao home. Non así á muller, que botaba lume polos ollos contra min, dicindo que quen era eu para meterme onde ninguén me chamara e que o que tiña que facer era meterme na miña casa e comprobar se estaba nela a miña muller, que nkn eran aquelas horas de estar na rúa. 

E foi o que fixen: subir a costa da avenida de Fisterra, cun exemplar do xornal El Ideal Gallego

baixo o brazo e dicíndome a min mesmo: “Estache ben”. 

Cando cheguei á casa a miña dona preguntou como me fora. Resposta: “Vin como un home agredía a unha muller e a esta faltoulle pouco para me agredir a min”. 

Debeu ser o sono que ambos os dous tiñamos. Ata mañá, oín. Máis nada. 

Outros artigos

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

+

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.