Ambar impulsa a inserción laboral de mulleres con diversidade funcional no Barbanza

16 Xullo 2025


A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, entidade inclusiva con sede no Barbanza, anuncia a celebración da súas Xornadas de Emprego para mulleres con diversidade funcional. Segundo explica Ambar, trátase dun evento deseñado específicamente para abordar os desafíos laborais ós que se enfronta este colectivo, e terá lugar o vindeiro luns, 28 de xullo ás 11:30h no Centro Social do Concello de Boiro.

Consciente das barreiras que moitas mulleres con diversidade funcional atopan no acceso e desenvolvemento do seu percorrido profesional, Ambar organiza estas xornadas co obxectivo de ofrecer un espazo de apoderamento e aprendizaxe. “Sabemos que o camiño cara a un emprego digno e axeitado pode ser complexo, e é fundamental dotar ás mulleres das ferramentas e o apoio necesarios para superar eses obstáculos”, afirmou Daniel Tojo, orientador laboral de Ambar, engadindo que “queremos que cada muller sinta que ten os recursos para impulsar o seu futuro laboral e que non está soa nese proceso.”

Durante as xornadas, as participantes terán acceso a contidos e estratexias prácticas orientadas á mellora da empregabilidade. Abordaranse temas clave como a elaboración de currículos adaptados, técnicas de entrevista, busca activa de emprego, e recursos dispoñibles para a inserción laboral, sempre dende unha perspectiva inclusiva e adaptada ás necesidades específicas.

Esta iniciativa forma parte do compromiso continuo de Ambar ca autonomía e o benestar das persoas con diversidade funcional, promovendo unha sociedade máis xusta, acceíbel e equitativa. A asociación convida a todas as mulleres con diversidade funcional da comarca a participar activamente neste encontro, que busca “ser un punto de inflexión no seu camiño cara á independencia laboral”.

A participación nas xornadas é gratuíta, pero require confirmación de asistencia debido á limitación de prazas. As interesadas poden inscribirse enviando un correo electrónico a empregoinclusivo@asociaciónambar.org ou chamando ao teléfono 981 87 44 80

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...