A RAGC centrarase nunhas conferencias no uso dos drons para previr os efectos do cambio climático no noso medio mariño

13 Xuño 2025

Analizar e anticiparnos aos efectos do cambio climático no medio mariño empregando drons estase a presentar como unha opción fundamental e dende a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), en colaboración coa Deputación da Coruña, acreditan nesta ferramenta e abordan o tema coa celebración do ciclo de conferencias Velando pola nosa relación co mar. Os mares dannos vida.

Indo ao ciclo en cuestión, dicir que as charlas terán lugar a vindeira semana, do luns 16 ao xoves 19 de xuño (de 16:30 a 20 horas) e tamén poderán seguirse en directo a través da canle de Youtube da RAGC.

Como xa falamos dende esta revista, a primeira destas charlas será este luns 16 de xuño en Oleiros, no Castelo de Santa Cruz, sede do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia). Asistirá o presidente da Academia, Juan Lema e os coordinadores do ciclo: os científicos do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (IIM-CSIC), Fiz Fernández (académico da RAGC) e Miguel Gil. “Nesta xornada presentaranse as tecnoloxías coas que os científicos observan os mares, desde os grandes sistemas de teledetección con satélites ata instrumentos máis pequenos como os drons. Así mesmo, abordaremos a importancia de mirar o mar para entender que está a pasar nel, grazas a sistemas de observación tanto no Mediterráneo como nas costas galegas”, explican os coordinadores. Os drons permiten entrar en zonas costeiras de difícil acceso, ofrecendo unha visión detallada e en tempo real dos cambios no medio mariño.

A xornada comezará coa intervención de Gabriel Navarro, investigador do Instituto de Ciencias Marinas de Andalucía, pertencente ao CSIC. Explicará como a teledetección e os drons teñen revolucionado este eido, achegando novas ferramentas para a observación e estudo dos ecosistemas mariños.

Pola súa banda, Silvia Torres, coordinadora da Unidade de Tecnoloxías Mariñas do Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) de Vigo, abordará a observación do medio mariño galego. Salienta que “Galicia, influenciada polo afloramento costeiro, atópase nunha rexión de alta produtividade biolóxica, o que fai imprescindíbel contar con sistemas de observación que faciliten unha xestión informada e eficiente do medio mariño”. Neste senso, o Observatorio Costeiro de Galician conta con infraestruturas e redes de observación que achegan información de xeito continuo. Así, na actualidade operan seis plataformas, algunhas en funcionamento desde 2007. “Estas estacións transmiten datos en tempo real de temperatura, salinidade, correntes e condicións meteorolóxicas. Ademais, semanalmente recóllense datos en 43 estacións oceanográficas das Rías Baixas e o Golfo Ártabro, proporcionando información doutrosparámetros bioxeoquímicos. Estas series de datos, iniciadas en 1992, representan un dos rexistros máis extensos no ámbito oceanográfico”, apunta a investigadora.

A esta despregadura súmase a rede de radares de alta frecuencia, composta por cinco estacións en Galicia e o norte de Portugal, que permiten xerar mapas de correntes superficiais cun alcance de até 100 millas náuticas. Esta información é útil para a seguridade marítima, especialmente no Corredor Marítimo de Fisterra, un dos máis transitados. Finalmente, a rede de estacións meteorolóxicas costeiras proporciona información en tempo real sobre variábeis como pluviosidade, vento, humidade, presión atmosférica ou radiación solar. Alén disto, desde hai uns anos estase a estender a

observación a aspectos relativos á xestión dos recursos como a dispoñibilidade de semente de mexillón ou o seguimento do cultivo do mexillón. Neste contexto, introducíronse solucións tecnolóxicas que permiten recoller datos en bateas e no intermareal rochoso. É o caso dos boletíns de predición océano-meteorolóxica, que se envían diariamente ás confrarías; os visores especializados, que permiten consultar e descargar os datos; ou o xestor operativo do Plan Camgal, que centraliza información para a resposta ante posíbeis emerxencias ambientais.

Joaquín Tintoré, investigador do Instituto Mediterráneo de Estudios Avanzados (Palma de Mallorca) e director do Sistema de Observación y Predicción Costero de las Islas Baleares (SOCIB), explica que desde o SOCIB desenvolven ferramentas e indicadores para apoiar a toma de decisións en cuestións como as ondas de calor mariñas ou o papel da capa superficial do mar en fenómenos meteorolóxicos extremos invernais. Para 2030 o organismo aceptou o reto de desenvolver xemelgos dixitais no Mediterráneo occidental, un laboratorio de investigación e innovación que fará seguimento e simulación das interaccións entre os procesos oceánicos e costeiros e a súa relación coas actividades humanas.

Para participar de balde neste ciclo (de xeito presencial ou en liña) cómpre inscribirse mediante a ligazón habilitada.

Outros artigos

O Pleno de Noia reproba ao alcalde pola xestión da Praza de Abastos

O Pleno do Concello de Noia aprobou unha nova reprobación ao alcalde Santiago Freire. A moción, impulsada de forma conxunta pola oposición —PSdeG-Noia, Marea Cidadá de Noia, BNG e o concelleiro non adscrito—, contou incluso co apoio de NO.I.A (Noieses Independentes...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Coñecían os andares”. Luís Celeiro

“Coñecían os andares”. Luís Celeiro

Se contaran e anotaran os roubos sacrílegos perpetrados nos últimos séculos deberíanposuír unha extensa libreta de dimensións considerables, tan grandes como a listaxe dosnomes, dos topónimos e dos obxectos. E, quen rouba ou para quen rouba? Hai quen roubao perdón, o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.