Novo acto vandálico contra o Patrimonio histórico na Pobra do Caramiñal

13 Xuño 2025

A comezos desta semana produciuse un novo acto vandálico contra o patrimonio histórico e artístico na Pobra do Caramiñal, segundo deu a coñecer unha cidadá que xa puxo os feitos en coñecemento das autoridades municipais e dos medios de comunicación.

O Pazo da Mercé —situado na freguesía de Santo Isidro de Posmarcos— é un dos monumentos máis senlleiros da comarca do Barbanza, tanto pola súa historia como polos personaxes que acolleu, en especial o ilustrado Frei Martín Sarmiento e o escritor universal Ramón María del Valle-Inclán. Este conxunto consta dun edificio residencial, a súa capela, pombal, cruceiro, un muro perimetral co fornelo que servía de fonte, así como outros elementos de valor histórico.

Tras sufrir un incendio en 1983 —cuxas causas non foron aclaradas—, o pazo padeceu o espolio de parte do seu patrimonio, incluído o retablo barroco, varias imaxes centenarias, a escultura da Santísima Trindade na fachada da capela, o escudo do Real Mosteiro de San Martín Pinario e o mascarón que vertía a auga na fonte. A deteriorización continuou co paso dos anos, a falta de conservación e a desatención tanto dos propietarios como das autoridades públicas, a pesares das leis vixentes de Patrimonio Cultural de Galicia e de Rehabilitación de Galicia.

A esta situação súmase agora a aparición de grandes pintadas de graffiti nas súas centenarias paredes, un dano que non é un simple acto vandálico, senón un atentado contra un ben histórico de toda a sociedade. A denunciante exixe que se identifique a autoría, se impoña a sanción que corresponda, así como a reposición do pazo ao seu estado orixinal, considerando que os graffiti están asinados e están situados na parede da capela, junto á beirarrúa e á estrada C-550, onde é seguro que houbo testemuñas.

Remitidas

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.