Amicos adiántase ao San Xoán cunha gran festa temática

20 Xuño 2025

Os e as integrantes de Amicos adiántanse un ano máis á celebración do San Xoán, cunha gran festa temática no Centro de Atención Integral de Boiro este venres, 20 de xuño. A xornada estivo chea de xogos, sorpresas e as grandes protagonistas da celebración: as sardiñas asadas.

Os e as participantes, integrantes da familia de Amicos tanto do Centro de Día como residentes do Fogar Amicos, desfrutaron de distintas actividades lúdicas adaptadas e inclusivas. Entre elas xogos como o pano, pórlle a cola ao burro, o desplume da galiña, bádminton, ou o paracaídas.

Tampouco faltou a tradicional xincana para procurar as sete herbas do San Xoán. Durante parte da mañá, os participantes buscaron plantas como xesta, fiúncho, herba luísa, fento, romeu, malva e a abeloura. Imaxes dos vexetais que durante a noite do San Xoán se deixan a remollo para preparar a tradicional auga purificadora.

Tralos distintos xogos, chegou o momento de degustar o prato oficial desta festividade coa que a comunidade de Amicos deu a benvida ao verán: as sardiñas asadas. Xa pola tarde o grupo lanzou o gran conxuro da queimada, ao que seguiu unha gran celebración chea de música e baile.

Un ano máis, o equipo da entidade boirense decidiu adiantar a celebración desta festividade tan importante na cultura galega. O motivo é “posibilitar que integrantes do Centro de Día, o Centro Ocupacional e o Fogar Amicos poidan celebrar esta festa xuntos e en compañía das/os membros do equipo da entidade”.

Un fin de semana temático

Durante os próximos días continuarán as actividades sobre esta temática tanto dentro como fóra do Centro de Atención Integral de Boiro, co obxectivo “de que as mozas e mozos desfruten ao máximo desta festividade, de gran importancia na nosa cultura”, informaron fontes de Amicos.

Outros artigos

Venres de calor, ceos despexados e ventos do nordés

Galicia afrontará este venres 12, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica e a chegada de aire cálido, cunha situación dominada polo anticiclón e a circulación do nordés. Agárdanse ceos moi despexados en xeral. As temperaturas subirán de forma moderada e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...