O Parlamento galego reclama ao Concello da Pobra e a Costas do Estado que adopten “medidas urxentes para corrixir os vertidos detectados na Ribeiriña”

27 Maio 2025

O Parlamento de Galicia aprobou este martes 27 de maio, co voto en contra de BNG e do PSdeG, a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se esixe ao Concello da Pobra do Caramiñal e á Dirección Xeral de Costas do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico “a asunción das responsabilidades polos vertidos detectados na Ribeiriña”, para o que, sinálase, “é necesario a adopción urxente das medidas necesarias para corrixir as deficiencias que os provocan e evitar novos episodios contaminantes”. En concreto, pídese ao Goberno central que “axilice o plan de investigación e que antes do 18 de xullo presente o seu informe final, xa que a partir dos resultados obtidos, se determinaran as actuacións a seguir”.

O portavoz popular do Mar, Miguel Fidalgo, afirmou que “a responsabilidade das verteduras recorrentes que se están a producir na contorna da Ribeiriña na Pobra do Caramiñal é do Concello e da Dirección Xeral de Costas do Goberno de España, así como da empresa TRAGSA, que foi quen fixo a obra”.

Engadiu que “o cuatripartito de esquerdas que goberna A Pobra fixo a obra sen descontaminar o chan de La Onza de Oro, como era a súa obriga e, nunha obra que custou tres millóns de euros, nin sequera deixaron luces no paseo”.

Como lembraremos, o BNG e o PSdG levan tempo manifestando xustamente o contrario respecto das verteduras: que a eliminación dos vertidos e ampliar a recuperación ambiental litoral da zona da Ribeiriña é responsabilidade do Goberno galego.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.