O BNG esixe a eliminación dos vertidos e a recuperación integral da Ribeiriña (A Pobra)

05 Maio 2025

A portavoz de Mar do Bloque Nacionalista Galego, Rosana Pérez, presentou unha proposición non de lei na Comisión 8ª do Parlamento co obxectivo de “lograr a eliminación definitiva dos vertidos contaminantes e a ampliación da recuperación ambiental e litoral da zona da Ribeiriña”, no concello da Pobra do Caramiñal. Nesta liña, reclamou medidas urxentes para a solución dos vertidos na Ribeiriña como a contención inmediata da contaminación e solución definitiva para os vertidos, implicación da Xunta cun plan de recuperación e un orzamento específico e a demolición e adquisición pública da nave de HADASA.

Antecedentes

A comezos deste ano, activouse o Plan Camgal por mor dun vertido de hidrocarburos no litoral da Ribeiriña. Inicialmente, atribuíuse a orixe do vertido ás instalacións abandonadas da antiga fábrica de HADASA.

Rosa Pérez lembrou na súa intervención que a teoría inicial desbotouse cando “as investigacións apuntaron a posíbeis filtracións procedentes dos terreos da antiga conserveira La Onza de Oro, onde recentemente Costas realizara traballos de rexeneración”. Recordou tamén que a Consellaría de Medio Ambiente solicitou información sobre estes traballos ao Ministerio de Transición Ecolóxica, “xa que se detectaron depósitos de hidrocarburos enterrados en mal estado durante as obras, que non foron retirados”. A día de hoxe, dixo, “non se fixeron públicos os resultados definitivos das investigacións, nin se adoptaron medidas suficientes para evitar novos vertidos”.

Pérez destacou que “malia a evidencia da contaminación e as reclamacións veciñais, a Xunta do PP nunca investiu un euro na Ribeiriña”. Agora, engadiu, “o Goberno galego esixe a Costas que actúe nun prazo de catro meses, mentres segue a súa estratexia de confrontación coa administración estatal e o Concello, acusándoos de incompetencia sen ofrecer solucións reais”. 

A deputada nacionalista criticou duramente a visita de deputados do PP á zona o pasado fin de semana, quen, sinalou, “no canto de presentar propostas ou amosar apoio á veciñanza, dedicáronse a insultar e enlamar a outras administracións”.

“Os veciños necesitan accións, non retórica baleira”, sinalou Pérez. 

A proposta nacionalista para a eliminación destes vertidos contaminantes na Ribeiriña non saíu adiante cos votos en contra do PP. “Queremos colaboración entre administracións e solucións para a xente, non xogos políticos”, rematou Pérez, animando ao PP a “deixar a lama” e traballar en positivo pola Ribeiriña. 

Outros artigos

Martes 20, retorno do anticiclón con algunha inestabilidade

Este martes, volveremos quedar baixo influencia anticiclónica, aínda que persistirá un certo grao de inestabilidade atmosférica. Agárdase unha xornada de alternancia de nubes e claros, con posibilidade de chuvascos illados durante a tarde, sobre todo en zonas do...

+

“Adeus compañeira” – Fernando Sarasketa

No mediodía deste domingo 18 de maio miña nai, Mercedes Sarasquete Alonso (Cheché), finalmente cruzou a porta. Con 93 anos e xa con graves problemas cognitivos e de mobilidade un (eu) tenta prepararse para o inevitábel, e ter sempre presente que cada día podía ser o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pedro Sánchez e Israel”. José Antonio Constenla

“Pedro Sánchez e Israel”. José Antonio Constenla

Lo último de Pedro Sánchez, convertido en agente propagandístico de Hamas,es tachar a Israel de “Estado genocida”. Más allá del estruendo mediático, lopreocupante no es tanto la acusación en sí, sino lo que representa, porque esun gesto diplomático de enorme calado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.