“No Día das Letras Galegas” – Xulio Xiz

21 Maio 2025

Este Día das Letras Galegas gocei dunha conversa brevísima, cun galego falante ao que lle deixei nota no parabrisas pedindo que me chamase, para facerme cargo dun rascón que vise no seu coche. Chamoume pola tarde, falamos non máis de medio minuto, pola súa parte nun galego co que se nace e é vinculante; eu desculpándome pola raiada, el agradecendo a nota informativa.

Antes desa conversa, asistimos a un fermoso encontro de baloncesto xuvenil en fase de ascenso, do Cidade de Lugo, onde a nosa neta Laura desfruta da mocidade con entusiasmo, que se ao comezo tiñan dúbidas do resultado, acabaron gañando por goleada.

Non debía ser o meu mellor día como piloto, e ao chegar á explanada do Fogar de Breogán que loce un magnífico mural de Diego As, despois de aparcar docemente con presunta total mestría, unha rapaza me recrimina seriamente: “Me has tocado el coche”. Baixo, observo parachoques acariñando parachoques, pido dieculpas, e retrocedo os precisos centímetros dunha respectuosa distancia. A altaneira condutora, cal Cervantes dixo, conseguida a miña rendición como condutor en fase de descenso, “miró al soslayo, fuese, y no hubo nada”.

A conversa co condutor por min involuntariamente agredido alegroume o Día das Letras cun idioma agarimante, fronte ao distante, impertinente, que só merece como recordo o roce leve cantado por Georgie Dann de “cachete con cachete / pechito con pechito”.

Comprobo no dicionario que os coches seguen levando “parachoques” para amortecer lances agarimosos. Ata os roces, mellor en galego. Felices letras e conversas, en galego tranquiliño, para o que resta do ano.

Outros artigos

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

+

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.