A Xunta e a UDC colaboran no proxecto Biorock para mellorar o crecemento do mexillón

18 Maio 2025

 A iniciativa pretende aplicar a tecnoloxía ‘Biorock’, empregada xa con éxito na recuperación de hábitat mariños naturais, que baséase na aplicación de electricidade de corrente continua de moi baixa tensión

A Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña (UDC) impulsan o proxecto Biorock, unha iniciativa científica destinada a mellorar o crecemento, a fixación larvaria, a reprodución e a supervivencia do mexillón, no contexto dos desafíos que presenta o cambio climático para a acuicultura.

O convenio, asinado polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e o reitor da UDC, Ricardo Cao, ten como obxectivo aplicar a tecnoloxía Biorock, baseada en electricidade de corrente continua de moi baixa tensión, para avaliar o seu efecto positivo en organismos mariños. Estudos previos en diferentes contornas do mundo xa demostraron o seu potencial incluso en situacións de estrés ambiental extremo.

Villares destacou que a finalidade do proxecto é obter datos científicos rigorosos que permitan valorar a viabilidade do uso desta tecnoloxía nas bateas galegas, contribuíndo así á sustentabilidade e innovación do sector acuícola.

O acordo, vixente ata o 15 de novembro, inclúe experimentos con mexillóns adultos en piscina, medicións de crecemento e asentamento, así como análises a nivel molecular e metabólico, especialmente sobre a función mitocondrial. Tamén se estudará a taxa de fixación larvaria en diferentes tipos de substratos, como cordas de batea ou pedra calcaria.

Galicia, como principal rexión europea en cultivos mariños, aposta así pola investigación aplicada para garantir o futuro dun sector clave como é o da miticultura, esencial para a economía e identidade galega.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.