A Asociación Boirense de Empresas (ABE) promove o tecido empresarial local na Feira de Emprego

16 Maio 2025

Nesta semana, o 14 e 15 de maio, Boiro acollía a súa Feira de Emprego, un encontro que xuntou a profesionais, emprendedores e estudantes no Viveiro de Empresas de Boiro e no que participou de xeito salientábel a Asociación Boirense de Empresas (ABE). O evento serviu para reflectir o bo estado no que se atopa o tecido empresarial local e a importancia da colaboración entre institucións e empresas para fomentar o emprego, a formación e o autoemprego na comarca.

Entre as actividades levadas a cabo nestas xornadas, cómpre subliñar unha mesa redonda organizada pola ABE: Creando o mañá: Como converterte no propietario da túa empresa, que contou cunha gran asistencia de público que encheu o auditorio.

O acto foi presentado e moderado por Tomás Estévez, xerente da ABE, quen fixo fincapé en que “emprender non é cuestión de sorte, senón de traballo, perseveranza e apoio mutuo”. Ao longo da mesa, foron protagonistas catro empresas asociadas á entidade, que compartiron as súas historias de emprendemento: Carla Madrid, fundadora de Carla Madrid Cakes and Macarons, relatou como a súa paixón pola repostería e a creatividade a levaron a dar o salto como emprendedora. “Enfrontarse ao reto de emprender foi unha experiencia de aprendizaxe continua”, comentou, sinalando as dificultades para conciliar a vida familiar e profesional.

Pola súa banda, Luís Miranda Sueiro, director de finanzas e administración de Logística Sueiro Trans S.L., expuxo como a súa empresa familiar afrontou o desafío de modernizarse sen perder os valores de sempre. “O máis complicado non é moverse nun gran mercado, senón xestionar unha pequena empresa con recursos limitados; a formación e a profesionalización son imprescindíbeis”, afirmou, destacando as dificultades específicas das pequenas empresas.

Gerardo Triñanes, propietario de Asteleiros Triñanes Domínguez S.L., compartiu a súa experiencia persoal na empresa familiar despois de tentar emprender de xeito independente. “As trabas burocráticas seguen a ser un dos principais obstáculos para os pequenos empresarios”, sinalou, reclamando unha administración máis áxil e próxima.

Daniel García, propietario de Baldani Concept Store e presidente da ABE, contou a súa evolución desde os mercadiños até consolidar a súa propia tenda, resaltando a puxanza do sector cultural e social en Boiro. “Emprender aquí é un reto, pero tamén unha gran oportunidade. A ABE ten que seguir sendo un motor que impulse proxectos e xere emprego”, declarou.

O moderador, Tomás Estévez, puxo en valor estas experiencias como exemplo da capacidade de superación e do compromiso coa economía local: “Son persoas como elas as que fan medrar Boiro día a día, con esforzo, ilusión e constancia”.

Alén desta mesa redonda, a ABE colaborou activamente co evento entregando 200 bolsas de algodón orgánico como agasallo aos asistentes, reafirmando así o seu compromiso coa sostibilidade e o comercio de proximidade. Asemade, patrocinou o premio de 100 € en Bonos ABE, sorteado entre as persoas participantes nos distintos obradoiros da feira. A premiada foi Jessica Estévez Taboada, quen recibiu o galardón da man de Daniel García, presidente da ABE.

As empresas asociadas tamén tiveron visibilidade durante toda a xornada mediante a publicación das súas ofertas de emprego nas pantallas do evento, facilitando a conexión entre empresas e persoas en busca de novas oportunidades laborais.

Para rematar, a ABE valorou de maneira positiva esta edición da Feira de Emprego, que contou con máis de 200 persoas inscritas nos diferentes obradoiros, consolidándose como punto de encontro para fomentar o autoemprego e dar visibilidade ao tecido empresarial local. Dende a entidade salientaron a boa organización do Concello de Boiro e o traballo dos orientadores laborais, así como o compromiso das empresas participantes. A Asociación reafirma o seu obxectivo de continuar impulsando accións deste tipo e anima ás persoas emprendedoras a achegarse á ABE, onde dispoñen dun servizo de asesoramento inicial para apoiar a creación de novos proxectos empresariais.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.