A ABE entrega as 6 Caixas Benestar do Día da Nai tras un sorteo con máis de 2.200 participacións

05 Maio 2025

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) vén de rematar con éxito a súa campaña do Día da Nai, cunha ampla participación dos clientes. En total, rexistráronse 2.280 tíckets de compra a través da web da patronal boirense, nunha iniciativa que buscaba premiar ás persoas que apostan polo comercio local. No sorteo celebrado este luns 5 de maio, foron seleccionadas as 6 persoas gañadoras das Caixas Benestar, un premio composto por produtos de coidado persoal e unha caixa de Bonos ABE para gastar en negocios asociados dos sectores de salóns de peiteados, estética, podoloxía, masaxes, farmacia, odontoloxía, herboristería, droguería e outros servizos de benestar.

As persoas premiadas foron:

Lucía Pérez , por unha compra en Punto de Fuga

Miguel Rodríguez, por unha compra en Sheyla Figueroa

Nuria Gómez, por unha compra en Hipermarket Haomai

Lupe, por unha compra en Carnicería J.M. Boga

Hugo Collazo, por unha compra en Xoiería Teixeira

Lucía Rodríguez, por unha compra en Lisvaz

Este ano, como novidade, a ABE incorporou o Selo ABE á campaña, un distintivo que garante que todos os produtos e servizos das caixas proceden de empresas locais asociadas ou da Praza de Abastos de Boiro. “É unha forma de visibilizar que, en cada campaña, os premios tamén repercuten positivamente no noso tecido empresarial”, destaca o presidente da asociación, Daniel García.

A campaña estivo activa entre o 16 de abril e o 4 de maio, coincidindo co período de compras para o Día da Nai. Desde a ABE fan unha valoración moi positiva da resposta da clientela e agradecen a confianza da veciñanza e o compromiso dos negocios participantes, que fan posible este tipo de iniciativas de dinamización local”.

Outros artigos

Ambar abre este venres as Festas do Nazareno

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, entidade inclusiva do Barbanza, será a encargada de dar o pregón das Festas do Nazareno o 18 de setembro, ás 21.15 horas. A súa intervención marcará o inicio dunha das celebracións máis destacadas do calendario...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

Desde el comienzo de la democracia, 8 leyes de educación, cada cual a peor, cada partido impone la suya, fracaso tras fracaso. 50 años de democracia, cada 6 años una nueva ley de educación. La Banca En Galicia había 7 cajas de ahorros, al ser servicio publico sus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.