VEGALSA-Eroski e os seus clientes doan a Amicos 5.000 euros para proxectos ambientais e de inclusión sociolaboral

07 Abril 2025

A compañía galega de distribución alimentaria VEGALSA-Eroski fixo entrega este luns 7 de abril dun total de 5.015,81 euros á asociación Amicos, entidade inclusiva do Barbanza para a atención e integración de persoas con discapacidade intelectual, autismo, parálise, dano cerebral e as súas familias. Un importe que se destinará a reforzar tanto os seus proxectos ambientais, concretamente a restauración de fondos mariños e a recuperación de especies sensíbeis, como para impulsar a mellora de oportunidades de emprego das persoas con discapacidade intelectual.

Esta doazón foi realidade grazas á valorización realizada tras a xestión de 38.906 quilos de tapóns de plástico e aceite colleitados nos establecementos da rede comercial de Eroski e Autoservicios Familia en Galicia, Asturias e Castela e e León. Tanto os clientes como o persoal de tenda poden depositar estes residuos nas zonas acondicionadas para iso.

A entrega do cheque levouse a cabo no supermercado Eroski Center de Ribeira, coa participación do director xeral de Amicos, Xoán España, e, por parte de VEGALSA-Eroski, da directora de Sostibilidade e Comunicación, Gabriela González, e o xerente de Calidade, Ricardo Castro, entre outros.

“Esta doazón permítenos unir dous compromisos de gran importancia para VEGALSA-Eroski: a protección do medio ambiente e a colaboración con entidades sociais para lograr obxectivos conxuntos, neste caso, no ámbito da inclusión da man de Amicos”, comentou Gabriela González.

“En Amicos, somos afortunados por contar co apoio constante de VEGALSA- Eroski. Esta colaboración non é só unha axuda económica, senón un verdadeiro compromiso que se renova cada ano, demostrando unha vez máis a solidariedade dunha compañía que se preocupa de corazón polo benestar das persoas con discapacidade intelectual. Grazas á súa xenerosidade, podemos seguir avanzando en proxectos que melloran a vida de moitas familias, á vez que contribuímos a coidar o noso planeta. É unha honra telos como compañeiros de viaxe, e estamos seguros de que xuntos seguiremos alcanzando grandes logros en favor da inclusión e a sustentabilidade”, declarou o director xeral da Asociación Amicos, Xoán España.

O impacto social da reciclaxe

Pola súa banda, Ricardo Castro puxo en valor a importancia da circularidade: “As políticas de VEGALSA-Eroski céntranse na redución de residuos e en tratar da mellor maneira aqueles que xeramos. Agradecemos aos nosos clientes o seu compromiso pola reciclaxe a través dos nosos puntos para a xestión de tapóns e aceite, unha acción coa que contribúen ao coidado das nosas contornas”.

VEGALSA-Eroski leva anos colaborando con Amicos en proxectos relacionados coa reciclaxe e outro tipo de accións ambientais. A compañía participou nos labores de limpeza integral de praias no marco do programa Re-Mar liderado pola asociación, que tiña como obxectivo a custodia ambiental para a redución dos residuos no espazo mariño protexido do arco atlántico galego.

A entidade social tamén participa cada ano na Xornada de RSE (Responsabilidade Social Empresarial) organizada pola compañía, onde, por exemplo, o ano pasado, tivo un photocall solidario.

Ademais, Amicos foi unha das asociacións que participou na última campaña Céntimos Solidarios de VEGALSA-Eroski.

Outros artigos

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.