Un estudo do CITENI da Universidade da Coruña propón un deseño de redes de pesca máis sostíbeis e eficientes

11 Abril 2025

O sector pesqueiro enfronta o desafío de optimizar as súas prácticas para reducir o impacto ambiental e mellorar a eficiencia no uso de recursos. Neste contexto, o doutorando Francisco Bottero e o seu titor de tese, Manuel González, do Laboratorio de Enxeñaría Mecánica (LIM) do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), que traballan no Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña (UDC), desenvolveron unha investigación coa que, sinalan, “logrouse un avance significativo que podería transformar o deseño das redes de arrastre”.

O estudo, titulado Hidrodinámica de paneis de rede de malla romboidal anoada de polietileno, foi publicado na prestixiosa revista científica Ocean Engineering, que conta cun alto factor de impacto (Q1) no ámbito da enxeñaría oceánica.

O obxectivo da investigación é “ofrecer ferramentas precisas para predicir as forzas hidrodinámicas que experimentan as redes de pesca e evitar a realización de ensaios complexos e custosos en canais de experiencias hidrodinámicas, ou mesmo en alta mar”.

Segundo explica Bottero, o proxecto centrouse en redes de malla romboidal anoada de polietileno, amplamente utilizadas na pesca de arrastre. Unha das principais conclusións é que as fórmulas tradicionais utilizadas para calcular as forzas de arrastre e sustentación non son do todo precisas para este tipo de redes. Así, o estudo propón unha fórmula empírica que permite calcular con gran precisión os coeficientes de arrastre e sustentación. Este novo modelo matemático brinda aos deseñadores de redes a posibilidade de crearen estruturas máis eficientes, coas cales reducir a resistencia ao avance e optimizar o consumo de combustíbel. Ademais, ao mellorar o comportamento hidrodinámico das redes, favorécese unha maior selectividade nas capturas, o que contribúe á redución de descartes pesqueiros. Deste xeito, o avance non só promove unha pesca máis eficiente, senón que tamén apoia a sustentabilidade, ao minimizar o impacto ambiental e favorecer a conservación dos ecosistemas mariños.

Os resultados obtidos proporcionan novas ferramentas científicas que poden axudar ao sector pesqueiro a mellorar as súas prácticas e avanzar cara a unha xestión máis eficiente e sostible dos recursos mariños.

Outros artigos

O Concello do Dodro rende homenaxe a Moncho Reboiras

O Concello de Dodro organiza unha homenaxe a Ramón Reboiras Noia, Moncho Reboiras, este mércores 12 de agosto, ás 13.00 horas na Lavandeira (Imo). Data na que se cumpren 51 anos do seu asasinato en Ferrol a mans da policía franquista. O aniversario do pasamento de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.