UFD inviste máis de 110.000 euros en obras de mellora da calidade da subministración eléctrica no municipio de Ribeira

03 Abril 2025

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, fixo balance dos seus investimentos en Ribeira destinados a mellorar o servizo de subministro eléctrico á poboación, uns investimentos que foron de máis de 110.000 euros. Nun plano máis concreto, a compañía construíu unha nova liña de media tensión subterránea de 290 metros con orixe nun apoio novo e final nun novo un centro de transformación e nova saída de baixa tensión no lugar de Viña do Río, na parroquia de Artes.

A compañía inclúe cada ano no seu plan de investimentos actuacións e iniciativas para “potenciar as infraestruturas de subministración de enerxía eléctrica” e “mellorar a rede de distribución eléctrica, especialmente en zonas rurais”, contribuíndo así “ao desenvolvemento económico destes territorios e á mellora das súas condicións de vida”.

Para o delegado de UFD na provincia da Coruña, Emilio Castro, “o investimento realizado é unha proba máis do compromiso desta compañía co desenvolvemento enerxético de Ribeira, xa que as actuacións realizadas aumentarán a capacidade da rede de distribución na zona, ademais de mellorar a fiabilidade da subministración eléctrica e minimizar os tempos de resposta ante calquera incidencia na parroquia de Artes.”

UFD, distribuidora eléctrica de Naturgy, xestiona na provincia da Coruña preto de 24.500 quilómetros de rede de baixa e media tensión, preto de 10.300 centros de transformación e dá servizo a 731.000 puntos de subministración. En Galicia, dá servizo a case 1,6 millóns de puntos de subministración en 286 municipios das catro provincias galegas, a través dunha rede de máis de 61.000 quilómetros de liñas de alta, media e baixa tensión.

A distribuidora eléctrica investiu 206 millóns en 2024 na dixitalización e mellora da súa rede e infraestruturas en Galicia. Só nos últimos cinco anos, o investimento de UFD alcanzou os 800 millóns de euros para reforzar as súas infraestruturas en Galicia, co foco posto na mellora da calidade de servizo aos seus clientes.

A empresa explicou que estes investimentos centráronse en innovación e aplicación de novas tecnoloxías para avanzar na telemedida e telexestión dos puntos de subministración, no telecontrol e sensórica das redes, así como no robustecemento das infraestruturas, co obxectivo de integrar o incremento da xeración renovábel.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

El pastor evangélico Tom Mullins y una veintena de más colegas, todos portavoces de la palabra de Dios. Oran en la Casa Blanca, rodeando al presidente D Trump, y rogando a Dios le dé a Trump, sabiduría para su corazón y su mente. Aquí vemos que Dios no puede hacer...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.