Rianxo contrata catro traballadores para reforzar o Servizo de Obras grazas ao PEL – Concellos da Deputación

02 Abril 2025

O Concello de Rianxo vén de informar da incorporación de catro traballadores para reforzar o Servizo de Obras. Trátase dun condutor, un oficial albanel, un peón de albanelería e un peón de aglomerado. Foron contratados a tempo completo e durante seis meses grazas ao programa PEL – Concellos da Deputación da Coruña. A finalidade deste programa é subvencionar os custos de contratación de traballadores e traballadoras que sexan demandantes de emprego nos distintos concellos e que se contraten expresamente para a realización de traballos necesarios para a prestación de servizos municipais.

A liña PEL Concellos leva repartidos 30.888.993,30 € desde a súa creación no ano 2016.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.