Os empresarios de Ribeira sortean polo Día da Nai 1.000 euros, unha cea para dúas persoas e dúas cestas da compra

22 Abril 2025

A Asociación de Empresarios de Ribeira presentou os detalles da súa Campaña do Día de Nai (o 4 de maio), unha iniciativa “especial”, en palabras da patronal, que “busca incentivar as compras no municipio e agradecer o compromiso de todas as persoas que apostan polo pequeno comercio”.

A campaña foi dada a coñecer polo presidente da asociación, Francisco Martínez Gude, e polo concelleiro de Mercados, Vicente Mariño de Bricio.

O presidente destacou que nesta edición conseguiuse unha gran implicación por parte dos asociados, confirmándose a tendencia ascendente dos últimos anos. De feito, este ano van participar máis de 50 establecementos de Santa Uxía e da súa contorna.

A campaña desenvolverase entre este mércores 23 de abril e o 4 de maio, e a través dela, todas as persoas que merquen nos establecementos participantes entrarán no sorteo de 1.000 euros para gastar nun só día, unha cea para dúas persoas doada por Chicolino e dúas cestas da compra doadas por Gadis.

“Participar é moi doado”, sinalou o presidente da asociación, engadindo que “os clientes só terán que facer as súas compras nos locais adheridos á campaña e rexistrar os seus tíckets de compra na páxina da patronal”, a web empresariosriveira.com.

O sorteo realizarase o día 5 de maio as 12:00 no local que a Asociación de Empresarios de Ribeira ten na céntrica rúa de Rosalía de Castro.

Esta campaña esta co-financiada pola Xunta de Galicia.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.