O Museo do Pobo Galego rende homenaxe con “Cantareiras” ás mulleres que crearon e transmitiron a poesía popular oral

11 Abril 2025

Este venres, 11 de abril, o Museo do Pobo Galego inaugurou a exposición Cantareiras. Oralidade, creación, transmisión, producida co gallo da homenaxe das Letras Galegas 2025 ás creadoras e transmisoras da poesía popular oral. Trátase dunha mostra que recompila materiais sonoros, procedentes dos fondos do proxecto de recuperación, catalogación e dixitalización do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade do Museo do Pobo Galego e o arquivo gráfico e documental, así como pezas pertencentes á colección do Museo ou cedidas por particulares para a ocasión, ademais de material audiovisual realizado expresamente para o proxecto.

En palabras de Concha Losada, presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego, estamos ante “un traballo meticuloso que parte do coñecemento especializado e do labor de investigación desenvolvido polo equipo técnico do Museo para celebrar, difundir e dignificar este valiosísimo legado patrimonial. É tamén unha oportunidade para visibilizar o papel non só das cantareiras homenaxeadas especificamente senón tamén de todas aquelas outras persoas, mulleres na súa meirande parte, cuxos nomes non transcenderon malia seren garantes da supervivencia dese legado durante todos estes anos”.

A exposición, que poderá visitarse no claustro alto do Museo até o 28 de setembro, toma como fío condutor a cadea de transmisión da oralidade e a poesía oral, tanto nos modelos de transmisión directa de xeración en xeración, como nos mediados a través dos cancioneiros, desde as primeiras compilacións até a transición e a democracia, pasando polas recollas realizadas polo Seminario de Estudos Galegos e a compilación de músicas de tradición oral durante a ditadura. “É un percorrido expositivo que achega tamén ao público a situación da poesía oral a día de hoxe”, explicouse na presentación.  

O acto de inauguración foi de entrada libre e contou coa intervención musical de Rosario e Carme das Marías, nai e filla, cantareiras de Raigañas, que emocionaron ao público coa súa interpretación. Tamén contou coa presenza do secretario xeral da Lingua, Valentín García, que puxo en valor “o protagonismo destas mulleres como creadoras e transmisoras dun dos piares fundamentais da nosa cultura inmaterial”, subliñando tamén “a súa capacidade para manter viva a lingua galega en espazos e tempos nos que non sempre foi recoñecida”. Valentín García tamén agradeceu o labor do Museo do Pobo Galego e das entidades que colaboraron nesta iniciativa, salientando a importancia de actos coma este “para reivindicar o valor do galego como lingua de creación, de comunidade e de memoria compartida”.

Outros artigos

Corrubedo celebra as súas festas de agosto de 2026

A localidade de Corrubedo celebra as súas grandes festas do mes de agosto cun amplo programa de actividades deportivas, relixiosas e lecrativas que se estenderá durante os días 2, 6, 7, 8, 9, 14 e 15. A programación arrincaou no eido deportivo o domingo 2 de agosto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

La crisis de Ceuta fue analizada desde muchos ángulos, pero la rabiosa actualidad obliga a volver sobre ella porque deja enseñanzas que, como ciudadanos, debemos conocer. Primero, la entrada masiva en Ceuta, más que un episodio migratorio, es un drama humano de miles...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.