Martes 22, ceo con nubes e claros e progresiva melloria do tempo

21 Abril 2025

Este martes de Pascua 22, quedaremos nunha situación meteorolóxica indefinida. Agárdase probabilidade de chuvascos durante a mañá no terzo norte da comunidade, mentres que na comarca e na metade sur de Galicia os ceos estarán máis despexados.

No interior poderían formarse néboas, que en certas zonas poderían ser localmente persistentes. En canto ás temperaturas, as mínimas experimentarán un lixeiro descenso (7/20 graos), mentres que as máximas se manterán sen cambios significativos.

O vento soprará frouxo de compoñente noroeste, aínda que nas Rías Baixas poderá adquirir intensidade moderada durante a tarde.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 2 a 3 á mañá e á noite e 3 a 5 á tarde. Mar ovellado á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.