Este xoves a ABE celebra o seu encontro anual sobre innovación e crecemento empresarial: Fálame Sempre

09 Abril 2025

Este xoves 10 de abril celebrarase ás 20.30 horas unha nova edición do evento Fálame Sempre, o encontro anual organizado pola patronal boirense (ABE) e no que colabora o Concello de Boiro no que se explora a creatividade como ferramenta de innovación e crecemento empresarial. O evento, que chega xa á súa 11ª edición, seguirá o dinámico formato Pecha Kucha, no que cada participante disporá de menos de sete minutos para compartir a súa experiencia e ideas.

A sesión desenvolverase no salón de actos da asociación, cunha capacidade para preto de 100 persoas (aforo completo) e culminará cun pequeno aperitivo para fomentar o networking entre asistentes e participantes.

Empresas participantes

Nesta edición, contaremos coa presenza de cinco proxectos que compartirán o seu enfoque sobre a creatividade e a innovación nos seus respectivos sectores:

· Xoán Silva – A Goleta. Nacido e criado no mar en Rianxo, Xoan Silva fixo do mar a súa vida. Desde pequeno aprendeu a navegar seguindo o vento que empuxaba a dorna do seu avó. Traballou en bateas, cultivando mexillóns, e tamén creando experiencias mariñas para visitantes. Hai catro anos decidiu apostar polo seu propio proxecto, combinando navegación e formación en actividades mariñas. Ademais, é condutor de camións e participou nas dúas últimas edicións do Rally Dakar, experiencia que lle permitiu levar o seu espírito aventureiro máis aló do mar.

· Yoli Suárez – Profesional da produción audiovisual, actualmente traballa como axudante de produción no programa de TVE La Revuelta. Con ampla experiencia no sector cultural, especialízase na organización de eventos, xestión de proxectos audiovisuais e coordinación de equipos creativos.

· Luisa Bravo – LB Equipo Estético. Un equipo de profesionais da estética avanzada que aposta pola innovación en técnicas de coidado persoal e benestar. A súa filosofía baséase en tratamentos personalizados e tecnoloxía de vangarda para ofrecer resultados adaptados a cada cliente.

· Eva Guzmán / Fernando Rodríguez – O Secadeiro. Restaurante situado en Outes, especializado en gastronomía tradicional galega con toques de innovación. A súa proposta céntrase en produtos de proximidade, potenciando os sabores autóctonos e reinterpretando receitas clásicas con técnicas actuais.

· Antón Fonseca – Terras Gauda. Unha das adegas máis recoñecidas de Galicia, pioneira en innovación vitivinícola e desenvolvemento de novos produtos. A súa aposta pola investigación e o uso de técnicas avanzadas de viticultura permitiulle posicionarse como un referente no sector a nivel internacional.

Un evento consolidado no ecosistema empresarial

A ABE lembra que ao longo das súas dez edicións anteriores Fálame Sempre “converteuse nun referente para profesionais e emprendedores xa que o seu formato áxil e inspirador facilita a conexión entre diferentes sectores e fomenta o intercambio de ideas”.

A asistencia ao evento é de balde ata completar aforo. Para máis información e inscricións, pódese contactar coa organización a través do correo info@abe.gal.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.