A Piscina Municipal de Rianxo lanza unha campaña para poñernos en forma de cara ao verán: “Eu, Gym, Xa!”

23 Abril 2025

Baixo a premisa da chegada do tempo e de que a primavera adoita ser unha boa oportunidade para comezar a coidarnos, a Piscina Municipal de Rianxo, a través da empresa concesionaria do servizo, BeOne Rianxo, lanzou unha campaña para animar á cidadanía a poñerse en forma de cara ao verán, a campaña Eu, Gym, Xa!, unha iniciativa que “cun claim simpático e directo, convídanos a activarnos e aproveitar o momento idóneo para iniciar ou retomar a actividade física”.

O centro deportivo propón dous plans diferenciados, deseñados para facilitar ese primeiro paso e adaptarse ás preferencias de cada persoa. O plan Ao teu ritmo ofrece matrícula gratuíta para quen queira facer exercicio pola súa conta. Por outra banda, o plan Axudámoste está dirixido a quen busca unha orientación máis completa dende o inicio, incluíndo asesoramento deportivo e nutricional. Ademais, as familias poden beneficiarse de tarifas especiais que inclúen acceso a ludoteca, escolas de natación, campamentos e un amplo programa de actividades infantís dispoñibles durante todo o ano.

BeOne Rianxo lembra que ofrece múltiples espazos para a práctica deportiva, adaptados a distintos obxectivos e niveis. “Dispoñemos dunha ampla sala de fitness equipada con maquinaria de última xeración e distribuída en áreas específicas para traballo cardiovascular, forza, adestramento funcional e estiramentos; e ademais, contamos cunha variada oferta de actividades dirixidas, que inclúe disciplinas como ioga, zumba, pilates, tonificación e ciclo indoor, entre outras”, sinalan, engadindo que o centro dispón tamén de dúas piscinas (unha para nado libre e outra para fitness acuático), spa, solario, pavillón polideportivo, pistas de pádel, zonas exteriores e aparcadoiro.

As persoas interesadas poden acceder a tres días de proba gratuítos a través da web de Beone. Durante ese período poderán coñecer o centro, participar nas actividades e valorar a opción que mellor se adapte ás súas necesidades. Tamén poden escoller directamente o seu plan e comezar a adestrar dende o primeiro día.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.